Categorías: Actualidade

Desinterese de Xunta e Goberno central para realizar a dragaxe da Ría do Burgo

O deputado socialista Juan Díaz Villoslada denunciou hoxe o desleixo de Xunta e Goberno central para levar adiante a dragaxe da Ría de O Burgo. No debate dunha pregunta oral en Pleno, cuestionou que o Ministerio tan só destine 1 millón de euros para unha actuación que non figura no seu mapa de actuacións na costa de A Coruña.

Ao mesmo tempo, advertiu, o goberno galego rexeitou unha emenda socialista para dedicarlle a estas actuacións 2,5 millóns de euros no ano 2018, logo de ter a súa capacidade de xestión “en tela de xuízo”. Esixiulle á conselleira de Medio Ambiente que cumpra cos seus compromisos para cofinanciar a intervención e axilizar ao máximo a licitación e execución urxente diante do Ministerio de Medio Ambiente.

Sinalou que no ano pasado deixaron sen gastar 42 millóns de euros en materia de actuacións medioambientais, cunha execución do 65 por cento, e só gastaron o 12 por cento do programa de planificación hidrolóxica, do que só gastaron 4 dos 38 millóns dispoñibles.

Criticou as “continuas evasivas” por parte da Xunta e do goberno central diante das preguntas presentadas polos socialistas relacionadas con esta actuación, logo do remate da declaración de impacto ambiental en setembro de 2017. Isto foi, dixo, con catro anos de retraso sobre o establecido pola visita da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo que sacou os colores da Xunta polo estado das rías galegas.

En novembro do ano pasado o mesmo goberno central respondía no Senado que “non se poden dar datas de inicio” dos traballos xa que cumpre coordinar o cofinanciamento coas administracións implicadas antes de iniciar coa licitación dos traballos.

Advertiu que mentres a Xunta rexeita comprometer os orzamentos necesarios para esta intervención, o Ministerio tan só destina un millón de euros para unhas actuacións que inclúen o tratamento de 281.000 metros cúbicos de sedimentos, 161.000 deles considerados tóxicos, e que deberan ser confinados en dúas balsas nas ribeiras de Oleiros e Culleredo.

Lamentou o desinterese do goberno galego para recuperar unha Ría na que nos anos 80 traballaban máis de 2.000 mariscadores e que hoxe teñen situado a súa capacidade produtiva por debaixo do 20 por cento, e onde “non quedan máis de 60 mariscadores a pé” e que se trata dunha actuación que afecta a un entorno de poboación directa de 300.000 persoas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08