Categorías: Actualidade

Desidia e mentiras da Xunta para deixar a atención á discapacidade “en servizos mínimos”

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, denunciou hoxe a “desidia” na atención á discapacidade por parte do goberno galego, logo de constatar unha demora de sete anos na posta en marcha do Centro Galego de Desenvolvemento Integral –Cegadi-. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión sobre a paralización deste centro proxectado e orzamentado polo goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño.

Blanco acusou á actual conselleira de Política Social de “mentir” no Parlamento cando, hai un ano e en calidade de directora xeral de Maiores e Discapacitados respondera a unha pregunta da propia Blanco anunciando como “inminente” a posta en marcha do centro. Dixo que “mentiu igual que lles minte aos pais e nais de Ourense, que agardan por un centro de semellantes características”.

A realidade é que a atención a estas persoas está “en servizos mínimos” e “apolillada” como “mostra do desprezo e do desleixo do goberno galego coas persoas con discapacidade”, ás que cando chegan aos 21 anos son enviadas “para casa”.

Blanco lembrou que a propia Estratexia Galega de Discapacidade 2010 – 2013 contemplaba a apertura do centro en 2013, unha apertura que “desapareceu” da seguinte edición da Estratexia, correspondente ao período 2015 – 2020. “non o esquecemos, nin o PSdeG nin as familias que se manifestan cada 15 días para que o centro se poña en marcha”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18