Categorías: Actualidade

A CRTVG agocha deliberadamente o vencello dun detido nunha operación contra o terrorismo xihadista

O deputado socialista Luis Álvarez levou hoxe á Comisión de Control da CRTVG a censura nunha emisión en directo á mención dunha profesional do vencello co PP dun detido nunha operación contra o terrorismo xihadista a comezos de setembro. Advertiu do celo amosado polo ente público cando foi o propio presidente da cidade autónoma e do PP de Melilla, Juan José Imbroda, quen o confirmara en rolda de prensa.

O responsable socialista fíxose eco hoxe no Parlamento da denuncia presentada por unha traballadora do medio logo de ser obrigada esta referencia da súa noticia, sobre a operación de desarticulación dunha célula xihadista en Marrocos e Sevilla. Resultou que un dos detidos mantivera a condición de afiliado a este partido, o que “foi destacado pola práctica totalidade dos medios de comunicación” agás a Televisión de Galicia.

Sinalou o eficaz “cordón sanitario” imposto por este medio “en torno a todo o que ten que ver ou poida supoñer unha mínima mácula que poida afectar ao PP”. Un celo, engadiu, que non se aplica, lembrou, “á hora de incluír nas informacións a familiares de responsables socialistas que teñen que comparecer ante os xulgados”.

Advertiu que a pesares das apelacións do director xeral da CRTVG, quen respaldou a decisión de censurar esta referencia, “obxectivamente pódese ver que debe de existir un botón do pánico por parte de alguén que supervisa as emisións de informativos”. Desta maneira, “cando hai un mínimo compromiso negativo do PP saltan tódolos sistemas de alerta e se reconduce a información”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41