Categorías: Actualidade

Convenio digno para o sector da limpeza de A Coruña

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez, reclamoulle á Xunta que abra canles de diálogo co sector da limpeza da provincia de A Coruña para desbloquear as negociacións do convenio provincial entre patronal e sindicatos. Así o dixo logo dun encontro no Parlamento coas representantes do sector da limpeza da provincia de A Coruña, no que participou o portavoz socialista, Gonzalo Caballero, quen lles trasladou o respaldo do PSdeG.

Rodríguez reclamoulle á Xunta que “remangue a camisa e se poña a traballar para liderar a mediación neste conflito colectivo” que ten derivado nunha folga convocada para os próximos días 11 e 12. Chamou a acadar un “convenio digno que avogue por non estender a precariedade laboral a un maior número de traballadores e traballadoras”.

Explicou que a xornada de folga, convocada en toda a provincia, afecta a 10.000 traballadoras e traballadores, entre os que se contan nesta ocasión entre 350 e 400 do persoal de limpeza de Xunta, Parlamento, Valedora ou USC, e en futuras mobilizacións podería estenderse ao Sergas. Sinalou que “non é de recibo” que a patronal intente empeorar as condicións laborais dunhas traballadoras que se teñen reivindicado como esenciais polo seu traballo durante a pandemia.

Sinalou que o Grupo Socialista defende “tódalas cláusulas dos convenios que loiten contra a precariedade laboral que están a sufrir as mulleres de Galicia”, e que neste caso afecta a un sector “feminizado e altamente precario”. Advirte de que a patronal quere impoñer unha conxelación salarial para 2020, a suba do 0,8 por cento en 2021 e a perda de dereitos laborais.

Os sindicatos teñen cualificado esta postura de “tomadura de pelo”, por canto incorpora ademais a eliminación de dereitos establecidos no anterior convenio, como o caso da xubilación parcial”,  precisamente cando o traballo de limpeza e desinfección medrou a raíz da emerxencia sanitaria, “incrementándose a carga de traballo e por conseguinte os ingresos das empresas do sector”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41