Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Carmen Rodríguez Dacosta pon en cuestión a forma de facer política da Consellería de Medio Rural tras a denuncia da Xunta contra un excargo da AGADER por presunta corrupción

Denuncia “falla de transparencia” do goberno galego e reclama saber se a AGADER é “un mero chiringuito de reparto de fondos con criterios partidistas para o seus amigos”

A deputada socialista Carmen Rodríguez Dacosta puxo en cuestión hoxe a forma de facer política da Consellería de Medio Rural tras a denuncia presentada pola propia Xunta de Galicia contra un excargo da AGADER por presunta corrupción.

Ante a “falla de transparencia” do goberno galego con respecto a este asunto, a parlamentaria do PSdeG sinalou que “a cidadanía necesita certezas” para saber se a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural “traballa contra a grave situación de abandono que ten o noso rural e a dramática situación de avellentamento e despoboamento que sofre” ou, se por contra, “é un mero chiringuito de reparto de fondos con criterios partidistas para os seus amigos”.

Neste escenario, Carmen Rodríguez Dacosta denunciou que “nun momento tan importante para  facilitar a mobilidade de terra agraria e coñecer o destino dos fondos do novo PDR”, dende  a Xunta parecen “máis pendentes de seguir coa súa opacidade e falla de criterios obxectivos para repartir os fondos de toda a cidadanía galega”.

Por iso, en relación co caso de Javier Blanco Carballal, a deputada socialista reclamoulle a Xunta de Galicia explicacións sobre se hai “un expediente administrativo por este caso tan grave e cal é o seu contido”. Tamén preguntou se existen máis casos como o denunciado na Pobra do Brollón ou se hai máis concellos ou empresas “afogando economicamente por estas irregularidades”. Carmen Rodríguez Dacosta tamén demandou unha solución para a situación na que se atopa o concello de Pobra do Brollón a raíz destas presuntas irregularidades.

Por outra banda, tamén pediu explicacións “sobre se o exsubdirector denunciado por vostedes segue a traballar para a Xunta de xeito directo ou indirecto coa súa nova consultora”. Esa consultora, tal e como figura na súa información, ofrece servizos elaborando plans directores e axudas europeas.

Así, preguntou se esta empresa presta servizos para a Consellería de Medio Rural ou para o departamento de Ángeles Vázquez -que era a responsable de Medio Rural no 2017- ou se este caso ten que ver na destitución de Miguel Dubois á fronte do AGADER. Son, subliñou a parlamentaria socialista, “demasiadas frontes abertas que vostede debe aclarar e que o noso grupo seguirá a investigar”.

Nesta liña, Carmen Rodríguez Dacosta recordou tamén que “fai poucas datas, e despois de analizar as informacións do sindicato CSIF, o noso grupo denunciou no Parlamento como o goberno galego ‘amañaba’ a mesma praza de subdirector de AGADER para o que fora deputado autonómico e dirixente do PP no Barco de Valdeorras, Moisés Blanco”. Tamén “como fichaban de asesor ao exalcalde do PP en Fisterra”. Por iso a deputada socialista lamentou que o goberno galego siga “a cometer os mesmos erros do pasado, facendo política partidista con un ente da importancia desta Axencia, malia a ter antecedentes como os denunciados polo noso Grupo”.

O CASO BLANCO CARBALLAL

Na súa intervención no Pleno do Parlamento de Galicia, Carmen Rodríguez Dacosta lembrou que -segundo informacións xornalísticas- foi a propia Xunta a que denunciou ante a Fiscalía posibles irregularidades na tramitación de dúas subvencións ao concello da Pobra de Brollón, aínda que tamén paralizou unha terceira polo mesmo motivo. As tres axudas suman case 290.000 euros de fondos públicos.

Neste contexto, a avogacía da Xunta acudiu ante a Fiscalía para denunciar unhas irregularidades  que a acusación pública considera presuntos delitos de prevaricación  administrativa e falsidade en documento oficial por parte de Javier Blanco Carballal, que foi subdirector de relacións cos GDR de AGADER. Blanco Carballal, que agora traballa nunha consultora privada, tamén foi director do Banco de Terras, exvoceiro do PP en Lalín e estivo a piques de ser fichado como asesor polo alcalde dese municipio, José Crespo.

Este caso vai ser investigado, polo que o Xulgado de Instrución número 2 de Santiago incoou dilixencias previas para determinar se existe motivo para abrir un proceso. A maiores, a propia Xunta “recoñeceu posibles irregularidades na tramitación desas axudas”, o que motivou a consecuente paralización dos procedementos de tramitación dos expedientes mentres non se produza o pronunciamento da xustiza.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08