Categorías: Actualidade

Caos e desidia no servizo de Atención Temperá a menores

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, alertou hoxe das graves consecuencias do “caos” e a “desidia” coa que a Xunta afronta o Servizo de Atención Temperá para nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento. No debate dunha interpelación parlamentaria, sinalou á falla de investimento, a fragmentación do servizo, a descoordinación e falla de equidade territorial neste servizo.

Blanco explicou que o goberno galego tan só destina 1,9 millóns de euros para un servizo que precisaría tres veces máis, na orde de 7 millóns cada ano para que Galicia salga do vagón de cola da atención temperá. Sinalou que esta Comunidade Autónoma é actualmente a segunda que menos inviste e a que peor cobertura ofrece, con só un 18 por cento, e das que peor pagan un traballo profesional de alta cualificación -menos de 20 euros á hora-.

Sinalou que as carencias orzamentarias, xunto coa excesiva burocratización e a falla de regulamentación e dun protocolo de coordinación do servizo, fai que trinta anos despois de que se creara o primeiro servizo de proximidade, tan só 92 concellos contan con servizos de atención temperá.

Ademais apuntou ao grave desequilibro territorial, que leva a que mentres unidades con 3 profesionais teñen que atender a 257 nenos –Salnés-, outras con idéntico dispositivo atenden a 4 –Antas de Ulla-. Censurou a “falla de vontade política” do goberno galego, que provoca que mentres Galicia é a quinta autonomía en número de nenos e nenas de 0 a 6 anos, é a número 11 en número de centros e 12 en investimento.

Apuntou á falla de interlocución para o desenvolvemento normativo que regule os dispositivos da rede, o seu financiamento e dimensións, falla de transparencia sobre custes e dotación de cada servizo, falla a continuidade da Axenda de Atención Temperá 2015 – 2017, e non se coñece de reunións do Consello Autonómico e a Comisión Técnica que regula o servizo.

Despregue da Rede

Noela Blanco esixiulle hoxe ao goberno galego que acorde coa Fegamp e Agat o despregue da Rede Galega de Atención temperá, que malia que o goberno galego a veña publicitando dende 2016, agocha que dende hai 30 anos “veñen desaparecendo servizos creados polos concellos e subvencionados polo Plan concertado de Servizos Sociais”. Ademais, dos 16 que hai actualmente, 11 deles foron creados moito antes de 2016.

A parlamentaria socialista reclamou a constitución de entre 30 e 40 equipos comunitarios de proximidade nas comarcas ou agrupacións de concellos de Galicia como a única vía para garantir o acceso equitativo das familias e cumprir co Decreto 183/2013 que regula este servizo e fixa a dispoñibilidade, a proximidade e a accesibilidade como criterios ineludibles.

Reivindicou unha Rede Galega de Atención Temperá “accesible, próxima e pública” como servizo de apoio que “non é unha prestación de beneficencia, é unha aposta intelixente para un futuro mellor e máis próspero para todos os nosos fillos e fillas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08