Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro respalda o liderado da viticultura galega, sector estratéxico para o rural que o Goberno de España apoia con 29M€

O candidato dos socialistas galegos á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, visitou a cooperativa Martín Códax e puxo en valor os seus produtos e a aposta pola cultura galega cos Premios da Música.

Besteiro subliñou as achegas do Goberno de España para o sector do viño galego, do que destacou a súa capacidade para fixar poboación e xerar riqueza ao seu arredor.

O deputado pediu á Xunta que “priorice o apoio aos pequenos  e medianos produtores, que son adegas maioritarias no noso país”.

José Ramón Gómez Besteiro, candidato dos socialistas galegos á Presidencia da Xunta, respaldou esta mañá na súa visita a Adega Martín Códax, en Cambados, o liderado da viticultura galega, “un sector estratéxico para o rural galego, que conta con todo o apoio do Goberno de España a través de liñas como o PERTE Agroalimentario que inclúe catro proxectos con empresas galegas e 54 millóns de euros en axudas”.

Besteiro tamén puxo en valor os máis de 29,1 millóns de euros de achegas directas do Goberno de España “que van axudar ao sector a manter esa posición de privilexio no mercado nacional e internacional conseguida grazas a súa aposta pola innovación e por unha terra e unhas variedades autóctonas de excelente calidade”.

O deputado subliñou a importancia da viticultura galega na fixación da poboación no rural e a súa capacidade de xerar riqueza ao seu arredor. “Falamos dunha actividade tractora que tira doutros sectores económicos nas zonas onde se asenta”. Ademais, dixo, é de destacar a importancia cada vez máis relevante do enoturismo, “que atrae ás adegas galegas a milleiros de persoas de todo o mundo”.

No que respecta á política de axudas da Xunta do PP, o líder socialista á Xunta que “priorice o apoio aos pequenos  e medianos produtores, que son adegas maioritarias no noso país”.

Na súa visita a Martín Códax, Besteiro interesouse polo espumoso -un dos produtos máis vendidos nesta época-, polos novos produtos da cooperativa e polos efectos do cambio climático, que nos últimos anos provocou un importante adianto no inicio da vendima. O deputado socialista apoiou os proxectos de investigación nos que participa a adega, Winesure0.

Esta iniciativa de Martín Códax, Terras Gauda e Viña Costeira, persegue a validación de técnicas analíticas para o control microbiolóxico do viño. A día de hoxe é practicamente o único alimento para o que non existe unha regulación obrigatoria sobre os niveis e tipos de microorganismos que debe conter

ADMIRADOR DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX

Besteiro felicitou á cooperativa polos Premios de Música Martín Códax, que suman unha década visibilizando a artistas e bandas de Galicia, poñendo no mapa a música como un sector estratéxico.

Declarouse admirador destes Premios e agradeceu que conseguiran posicionar á música galega onde merece e aumentar o seu potencial económico.

APOIO DO GOBERNO DE ESPAÑA

Ademais do PERTE Agroalimentario, Galicia vai recibir 7,7 millóns de euros do Ministerio de Agricultura para o período 2024-2025 destinados á promoción en terceiros países, reestruturación e reconversión de viñedos, entre outros.

Así mesmo, Galicia conta grazas ao Goberno de España con tres Plan de Sustentabilidade Turística en Destino vinculados ao sector do viño, para poñer en valor os territorios vitivinícolas, a mellora da comercialización ou novos produtos turísticos vinculados a enogastronomía.

Na provincia de Pontevedra desenvólvese, grazas aos fondos europeos do Goberno de España, tres actuacións de Cohesión en Destino, cun investimentos de 14,9 millóns de euros.

Na visita á Bodega, ademais do presidente, director xeral e director técnico das mesmas (Xoán Allegue, Juan Vázquez Gancedo e Miguel Tubío, respectivamente) acompañaron a Besteiro o alcalde de Betanzos, Samuel Lago Ozón; o secretario Provincial do PSdeG-PSOE e portavoz da comisión de Agricultura, David Regades; os deputados autonómicos Julio Torrado e Leticia Gallego e os concelleiros do municipio, Regina Núñez e José Ramón Costa.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38