Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro reivindica en Madrid o “galeguismo útil” que representa a súa candidatura, “ese que consegue para Galicia o que necesita o país”

O candidato socialista á Presidencia da Xunta ofrece un “cambio seguro” baseado na experiencia de goberno, un equipo “poderoso”, ambición e influencia e capacidade de interlocución co goberno de España

Apunta que “somos o partido coa mellor proposta enerxética e de reindustrialización para o noso país”

Presenta as liñas do seu futuro goberno como presidente da Xunta no almorzo de Nueva Economía Fórum, en Madrid

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Madrid o “galeguismo útil” dirixido a “conseguir o que necesita Galicia”. Besteiro interviu no almorzo de Nova Economía Fórum, presentado pola vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, onde expuxo as liñas do seu futuro goberno como presidente da Xunta para ofrecer o “cambio seguro en Galicia”.

Besteiro defendeu un “novo modelo de país” no que os socialistas representan o “galeguismo útil, capaz de resolver problemas e de atraer os investimentos que Galicia necesita e que supere a confrontación na que está “instalado o PP”. Puxo como exemplo o anuncio da construción dun novo buque nos estaleiros de Ferrol que suporá 1.800 postos de traballo directos, que “conseguimos xuntos logo de moitos meses de traballo, como ben sabe a vicepresidenta Montero”.

Ofreceu “un cambio seguro que xa está aquí”, baseado na experiencia de goberno, un equipo “poderoso”, con ganas e que “demostra influencia e capacidade de interlocución co Goberno de España”.

Anunciou que o PP vai perder a maioría absoluta mentres os socialistas galegos “imos incrementar o noso apoio entre esa Galicia que esperta” cunha mobilización crecente fronte á “Galicia durmida que ansía o PP para manter a súa posición”.

Liñas de goberno

O líder socialista despregou os eixos de se mi futuro goberno fronte aos resultados negativos do proxecto “apático e triste” de Feijóo e Rueda. Anunciou un proxecto “ambicioso” que aposta pola reindustrialización vencellada á transición enerxética e ás renovables, a economía verde, o rescate dos servizos públicos, sinaladamente da Sanidade, a cohesión territorial e un novo modelo de país a partir dun Estatuto con máis competencias.

Explicou que os socialistas galegos posúen “a mellor proposta enerxética e de reindustrialización” para o país, e que defenden “sen complexos” o desenvolvemento da industria das enerxías renovables que repercutan no beneficio do territorio e sexan compatibles co coidado do medio.

Comprometeuse a “defender os intereses galegos dentro e fora de Galicia”, que é “o que se espera dun presidente, e que hoxe non sucede”.

Puxo como exemplo a xestión da situación de Arxentina, onde as propostas do novo presidente de ultradereita ameazan á frota pesqueira que faena naquelas augas. Salientou o seu “seguemento ao minuto” xunto co goberno de España para “defender os intereses das nosas embarcacións na Arxentina”.

Defendeu un proxecto ilusionante que recupere a forza e os investimentos que necesita o país fronte a un PP que ten sumido a Galicia nun “decrecemento lento, sen proxectos nin ambición” e que “pesa menos” en cada exercicio económico.

Servizos públicos e bipartito

En materia de servizos públicos, apuntou a urxencia de “rescatar á sanidade pública” con asignación de recursos nun “Plan de choque” dirixido a reforzar a Atención Primaria cunha “intervención inmediata” logo de 15 anos de xestión do PP recortando recursos. Explicou que logo dunha etapa na que recortaron 1.000 profesionais sanitarios, e cando 122 concellos carecen de asistencia pediátrica, os Orzamentos para Sanidade “non suben nin o IPC”.

Besteiro sinalou que recuperará medidas como a gratuidade dos libros de texto -que fora posta en marcha polo Executivo do ex presidente Touriño-, así como a potenciación do banco de terras dirixido a superar o minfundismo ou os investimentos sanitarios.

O marco da mentira do PP

Gómez Besteiro apuntou que o “marco da mentira” imposto polo PP “vaille pasar factura”, logo de que quedara patente na xestión da crise dos pélets como antes foi asociado a Feijóo más eleccións xerais. No caso de Galicia, dixo, demostraron “inacción, incompetencia -con declaracións disparatadas dos conselleiros-, soberbia -cando Rueda tardou un mes en baixar ás praias- e constatación da mentira”.

Resumiu que “o que se irradia non son os pélets, é a  contaminación das mentiras que inunda a acción de goberno do PP”, e que fai consciente á cidadanía de que “están mentindo” como o fan ao agochar as listas de espera sanitaria ou a pésima xestión dos fondos europeos”. Lembrou que a Xunta non foi capaz de executar nin a metade dos fondos europeos mentres Galicia perdeu 90.000 empregos durante os gobernos do PP, a poboación caeu un 2,5 por cento e se triplica a débeda.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38