Categorías: Actualidade

Besteiro esixiralle a Rueda que explique a política industrial da Xunta

O Grupo Socialista centrará o primeiro Pleno da Lexislatura na situación do proxecto de Altri, Dependencia, taxas universitarias, Memoria Democrática e violencia de xénero

A viceportavoz do Grupo Socialista, Elena Espinosa, explicou que o portavoz do Grupo Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, centrará a primeira sesión de control ao presidente da Lexislatura na situación económica e industrial de Galicia. Os socialistas galegos centrarán o primeiro Pleno ademais no proxecto de Altri en Palas de Rei, Dependencia, Universidade, Memoria Democrática ou violencia de xénero.

O portavoz socialista empregará a sesión de control reclamaralle ao presidente da Xunta que explique en primeira persoa as liñas estratéxicas en materia económica e industrial. A continuación, os socialistas galegos presentarán unha pregunta urxente para coñecer a previsión do goberno galego de financiar o proxecto de Altri en Palas de Rei con fondos propios.

Espinosa explicou as iniciativas que presentarán os socialistas galegos no primeiro Pleno da Lexislatura, que inclúen dúas proposicións non de Lei para reclamarlle á Xunta que desenvolva a Lei de Memoria Democrática en Galicia e a implantación da primeira matrícula gratuíta nos graos universitarios e nos estudos de mestrado. Tamén presentarán unha interpelación sobre os recortes nas libranzas de coidados nos expedientes de Dependencia de Galicia.

O Grupo Socialista presentará finalmente dúas preguntas orais sobre as eivas nas condicións de seguridade e protección que ofrecen as sedes xudiciais galegas ás vítimas de violencia de xénero e no ámbito local levarán a necesidade dun pavillón cuberto no CEIP Ponte Sampaio para a práctica da actividade física do alumnado.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08