Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro eliminará as peaxes das autoestradas autonómicas cando sexa presidente da Xunta e rematará as vías que Rueda foi incapaz de completar

O candidato socialista e presidente do Comisión de Transportes e Mobilidade do Congreso dos Deputados marca a folla de ruta das principais infraestuturas para Galicia para os próximos catro anos nunha reunión de traballo cos secretarios provinciais do PSdeG-PSOE.

Bótalle en cara a Rueda a inacción e retrasos de vías da súa competencia e defenderá en Madrid a importancia das infraestruturas estatais para o noso país.

O candidato socialista á Presidencia da Xunta e presidente do Comisión de Transportes e Mobilidade do Congreso dos Deputados, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse hoxe cos secretarios provinciais do PSdeG-PSOE para “planificar unha folla de ruta que vertebrar e mellore a mobilidade do noso país para os próximos catro anos”. Besteiro eliminará as peaxes das autoestradas autonómicas e completará as infraestruturas viarias que “nin Feijóo nin Rueda foron capaces de completar”.

Besteiro explicou que sobran exemplos en Galicia da incapacidade e mala xestión de Alfonso Rueda nas infraestruturas que son competencia da Xunta que “acumulan retrasos sobre retrasos” como a Vía de Alta Capacidade (VAC) da Costa Norte e a Autovía da Costa da Morte, “vitais ambas para romper o illamento destas zonas e mellorar a seguridade nos desprazamentos”. A VAC da Costa Norte, que debería unir as localidades de Ferrol e San Cibrao (Cervo) polo litoral leva 22 anos de retraso.

A Autovía da Costa da Morte é outra infraestrutura que leva 30 anos pendente de rematar despois da inauguración do seu primeiro treito. Por riba o PP fixo de pago o treito entre A Coruña e Carballo. Unha peaxe que considera “discriminatoria para a veciñanza” e que se comprometeu a liberar cando sexa o presidente da Xunta.  “A incapacidade manifesta do actual presidente Rueda é de tal magnitude que non foi quen sequera de acometer o tramo entre Baio e Berdoias de tan só 15 quilómetros”.

Precisamente, a liberación das peaxes nas estradas autonómicas foi unha reclamación unánime na que coincidiron os catro secretarios provinciais socialistas, con independencia de que a súa circunscripción se vexa afectada ou non, posto que é unha medida que cualificaron de “arbitraria e inxusta para a cidadanía que a padece”. Unha situación que os representantes socialistas se comprometeron a levantar de forma “inmediata” cando cheguen ao Goberno da Xunta.

A conclusión da Vía Ártabra na Coruña; a VAC Tui-A Guarda ou a ampliación da autovía Santiago-A Estrada na provincia de Pontevedra; a Ronda Leste de Lugo ou acceso ao Porto Seco de Monforte ou a prolongación en Ourense da AG-31 entre Celanova e a fronteira portuguesa, son outros exemplos dos incumprimentos de Alfonso Rueda.

Á reunión de traballo celebrada hoxe na sede do PsdeG-PSOE en Santiago de Compostela, ademáis do candidato á Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, asistiron os secretarios provinciais dos socialistas, Bernardo Fernández, da Coruña; de Lugo, José Tomé; Ourense, Rafael Rodríguez Villarino e Pontevedra, David Regades; participaron tamén a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, vicesecretaria xeral na provincia da Coruña; Patricia Otero, deputada de Infraestruturas; Patricia Domínguez, alcaldesa de Trives e Paula Fernández, secretaria de organización de Pontevedra.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38