Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro destaca o aforro para os usuarios da autoestrada Santiago-Dozón grazas ao Goberno socialista: de 280 a 70 euros ao mes

O líder dos socialistas galegos censura a “desvergonza” do PP, que pide para as autoestradas do Estado o que non fai nas que son de competencia autonómica

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sinalou hoxe en Silleda que “os socialistas aliviamos a carga dos usuarios da autopista AP-53 Santiago-Dozón con descontos de ata o 75 por cento fronte á desatención histórica do PP. Así o dixo nun encontro cos medios na saída da autoestrada en Bandeira xunto coa alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, e o alcalde de Rodeiro, José Luis Camiñas.

O responsable socialista sinalou que o goberno central comezará a tramitación das bonificacións nesta autoestrada “tal e como nos comprometéramos” para que no prazo dun mes se poida aprobar no Consello de Ministros. Con estes descontos, un traballador que viaxe pola autopista Santiago-Dozón 20 días ao mes pasará de pagar 280 euros a tan só 70, o que suporá un aforro significativo para os usuarios frecuentes.

Esta vía implementa un sistema de bonificacións por primeira vez dende a súa apertura total no ano 2004, co que ten que ser un goberno socialista o que corrixa unha vez máis as actuacións do PP, que en 1999 asinou a concesión da autoestrada por un prazo de 75 anos, e que, lembrou, “debeu ser a única autoestrada que subiu o seu prezo tan só unha semana despois de estrearse”.

Explicou que estas bonificacións representan o compromiso dos e das socialistas cunha Galicia “máis  xusta e conectada” e cunha mobilidade accesible, que amosan o traballo para “conseguir acordos que beneficien directamente á cidadanía”, sinaladamente nunha infraestrutura central como é a AP-53. Engadiu que “este é o camiño que debemos seguir, o de mellorar a vida da cidadanía e o de ocuparnos de solucionar os problemas que realmente importan”.

Desvergonza do PP

O líder dos socialistas galegos criticou a “desvergonza” do PP en materia de peaxes, que logo de “anos nos que non tomou medidas significativas para reducir o custo das peaxes nas autoestradas galegas, agora pide para as que son titularidade do Estado o que non fai nas de competencia autonómica”, como a autoestrada do Val Miñor ou a vía A Coruña-Carballo.

Apuntou a “desvergonza notable” tamén na actual preocupación do PP pola transferencia da AP-9 logo de ser o partido responsable de prorrogar a concesión desta autoestrada ata o ano 2048, unha decisión indefendible coa que hipotecaron aos galegos e galegas durante décadas sen concurso público para beneficiar directamente á empresa concesionaria en detrimento dos usuarios galegos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a nova Lei do Litoral da Xunta “abre as portas a usos impropios, a intereses económicos e reducir os estándares ambientais”

Paloma Castro sinala que a reforma da Lei de Patrimonio Cultural a través da Lei…

11/12/2025
  • Actualidade

COMUNICADO PSdeG

En coordinación coa dirección federal do PSOE e ante a gravidade das acusacións por presunto…

10/12/2025
  • Actualidade

Lara Méndez sinala que as informacións sobre o presunto acoso sexual en Lugo producen “tristeza” e “repugnancia” e anuncia un pronunciamento contundente do PSdeG

A viceportavoz segunda do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Lara Méndez, comezou a intervención…

10/12/2025
  • Secretaría Xeral

O PSdeG reúne apoios de federacións e agrupacións do PSOE e da UGT de toda España para que o Concello de Ferrol coloque a placa de Pablo Iglesias no lugar que merece

Os secretarios xerais galego e ferrolán participarán mañá en Madrid nos actos con motivo do…

08/12/2025
  • Actualidade

A Xunta volve incumprir a obriga legal de aprobar o Pladiga antes do 31 de outubro

Carmen R. Dacosta lamenta que o goberno galego “segue sen ter aprendido nada” da vaga…

08/12/2025
  • Actualidade

Patricia Iglesias: “Galicia volve liderar o retroceso industrial en España pola incompetencia da Xunta e a ausencia dunha estratexia real”

Desde o Grupo Socialista reclámase un cambio radical de enfoque: Galicia debe integrar a universidade,…

07/12/2025