Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro acusa á Xunta de non ser clara nin transparente nas transferencias aos concellos

Sinala que a reedición da presidencia da Fegamp para Alberto Varela o próximo mércores suporá un “referendo á política ben feita” que constata o protagonismo do PSdeG na xestión do local

O candidato á presidencia do PSdeG adianta que o futuro goberno de Pedro Sánchez terá Galicia “moi presente”, con decisións tomadas “por e para” esta Comunidade Autónoma

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, acusou hoxe á Xunta de actuar “como espectro de escuridade” na súa relación cos concellos. O responsable socialista reclamou transparencia nas transferencias de financiamento aos concellos logo dun encontro co próximo presidente da Fegamp, o alcalde de Vilagarcía Alberto Varela, como “referendo a política ben feita”.

O responsable socialista criticou que a Xunta está a provocar o enfrontamento permanente co Estado e tamén cos concellos “grandes e pequenos” mentres “evita ser claro nin transparente” nas transferencias aos concellos. Lembrou que así o constata o Consello de Contas cando di que nos exercicios de 2021 e 2022 tan só empregou 10 dos 81 millóns dos que dispoñía do Fondo de Compensación Interterritorial.

Esixiulle ao goberno galego que aclare se as transferencias enviadas polo Estado “se están empregando para o que o Estado as envía ou para tapar outros buratos nas arcas da Xunta de Galicia”. Subliñou que “os servizos que prestan os concellos teñen que estar financiados adecuadamente polo Estado, pero sobre todo por parte da Xunta”.

Esta é a “plasmación práctica de que a Xunta non sabe xestionar” e de que “nin fai nin deixa facer” ao deixar sen aplicar 70 millóns de euros fundamentais para os concellos. Reivindicou a política de acordos e pactos de financiamento para as administracións locais que queren levar a cabo os gobernos socialistas.

Lembrou que nas pasadas eleccións locais o PSdeG obtivo o goberno de máis de 100 alcaldías, dende onde gobernará a preto da metade da cidadanía galega. Dixo que Alberto Varela representa a presenza dos socialistas nos gobernos municipais polo seu “compromiso férreo co mundo local”, logo de presidir a Fegamp en catro anos “complicadísimos” pola covid, a guerra de Ucraína e os desfases presupostarios.

Galicia moi presente no goberno

Gómez Besteiro dixo hoxe que o próximo goberno do Estado, presidido por Pedro Sánchez, terá a Galicia “moi presente” e con decisións “moi transcendentes” tomadas “por e para” esta Comunidade Autónoma. Emprazou ao PP a aceptar á Constitución e as regras democráticas que permitirán un goberno a favor de Galicia, logo de acusalos de utilizar a amnistía como escusa para enganar á poboación.

Sinalou que os galegos “sonlle xente moi sensata” e saberán distinguir “cando a un o intentan enganar ou non” ao empregar a amnistía para “intentar repetir as eleccións” a nivel nacional ata que salgan os resultados que lle interesan ao PP. Advertiu que “isto vai dun partido que non aceptou os resultados”, pero “son as normas democráticas e hai que aceptalas, e se non dicir que se está fora do sistema”.

Reiterou a súa demanda ao PP para que “critiquen e condenen” os ataques ás sedes das agrupacións socialistas, que xa suman sete en Galicia, e criticou a “ambigüidade” daquel partido, que “xoga coa ambigüidade e con alentar” estas situacións. Criticou que o PPdeG demostre “cada vez menos Galicia e máis PP” seguindo “os pasos que lles marcan dende Madrid”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27