Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo critica o sistema impositivo “regresivo e vergonzante” da Xunta, anunciando rebaixas fiscais para facer seguidismo de Ayuso e beneficiando só ás maiores rendas

A portavoz adxunta do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, cualificou a política fiscal da Xunta de “regresiva e vergonzante”. A responsable socialista acusou hoxe dende o Parlamento ao goberno galego de anunciar rebaixas fiscais para facer “seguidismo de Ayuso” cando en realidade só benefician ás rendas máis altas, e cando ademais estanlle a reclamar máis ingresos ao goberno central.

 

Rodríguez Rumbo alertou hoxe de que os 472 millóns de euros de “aforro” para as rendas máis altas polas deduccións do goberno galego que en realidade provocan menos ingresos e o deterioro dos servizos públicos. Explicou que esta suposta rebaixa en realidade tradúcese en un euro de aforro ao mes para as rendas de 20.000 euros, pero case 500 anuais para quen gaña máis de 60.000 euros en Galicia.

 

Acusou ao goberno galego de facer “márketing fiscal anunciando rebaixas fiscais que pouco inciden na maioría da poboación”, cunha redución nos ingresos do imposto de Patrimonio de 17 millóns de euros que por exemplo “axudarían un pouco para paliar a diminución vergonzante nos servizos da Atención Primaria”, mentres sitúan o mínimo exento do imposto de sucesións en un millón de euros, que “podería ser algo máis baixo” para ampliar a base de persoas beneficiadas.

 

Estas rebaixas, dixo, “o único que fan é que paguen menos quen máis ten, ao tempo que conceden menos recursos para reforzar o Estado de Benestar que defendemos os socialistas galegos”. Reclamou así máis recursos propios para garantir unha sanidade e unha educación públicas, universais, gratuítas e de calidade “que revertan 12 anos de precariedade e desmantelamento” por parte dos gobernos de Feijóo e permitan erradicar a pobreza.

 

Rodríguez Rumbo salientou a coincidencia maioritaria entre os comparecentes na Comisión para o estudo da reforma fiscal, que reclamaron poder tributario coa responsabilidade das comunidades autónomas. Ademais, respondeu ao desafío do PP anunciando o compromiso dos socialistas galegos “sen ningún problema” a aceptar unha Comisión monográfica sobre Fiscalidade no Parlamento de Galicia.

 

Proposta

 

A parlamentaria socialista lamentou o veto do PP á proposta que presentaba hoxe na Comisión de Economía do Parlamento, na que lle reclamaba á Xunta que cumprira coa recomendación que presenta o Consello de Contas de forma reiterada para facer públicos os indicadores de rendemento dos beneficios fiscais que aplica a Xunta. Explicou que permitiría así “coñecer realmente en quen impactan máis e en que medida” as rebaixas tributarias da Xunta.

 

Emprazou ao PP a demostrar que “se realmente estas rebaixas teñen o impacto anunciado por Feijóo, que nos intenta convencer de que beneficia á gran maioría da cidadanía galega, non entendemos por que furtan a información e non a publican na web da Consellería de Facenda”. Deste modo poderían “darlle veracidade e argumentar as afirmacións do presidente da Xunta”, que sen embargo prefiren “ningunear” as recomendacións do Consello de Contas.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Torrado carga contra o plan de Rueda para as baixas: “En vez de preocuparse polas causas, ataca a traballadores e sanitarios”

Criticou o clasismo do PP e advertiu que un dos sectores con máis incapacidades laborais…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que “a saúde mental en Galicia é un dereito privatizado” reservado “a quen pode pagarse unha consulta”

Julio Torrado critica que o PP acepta esperas de un ano para Psicoloxía “porque non…

22/04/2026
  • Actualidade

Dacosta: “Brigadas de 1.200 euros e tres meses de contrato mentres 200 millóns de prevención quedan sen executar, así funciona o PP”

A deputada denuncia que as franxas secundarias comprometidas no convenio de 2025 quedaron sen limpar.…

22/04/2026
  • Actualidade

O PSdeG denuncia a “censura franquista” da Xunta a un encontro de educadores por falar do xenocidio de Gaza

Aitor Bouza critica que o Goberno galego alegue unha pretendida falta de neutralidade ideolóxica para…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia “uso discrecional e partidista” do canon da auga por parte do PP e esixe reverter a metade da recadación nos concellos de orixe

Lara Méndez denuncia que a Xunta utiliza aos Concellos como “cobradores do frac” para recadar…

21/04/2026
  • Actualidade

Lara Méndez critica a convocatoria dunha praza pública da Xunta que “parece feita á medida” da concelleira tránsfuga de Lugo, e que de demostrarse “non é política: é corrupción”

Cualifica de “indecencia” o “mercadeo en directo” por parte do PP para impulsar unha moción…

21/04/2026