Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Begoña Rodríguez Rumbo acusa ao PP de falla de transparencia e de desprezo á oposición ao usar o rodillo parlamentario para tapar o incumprimento das recomendacións do Consello de Contas por parte da Xunta

Lamenta que o Partido Popular rexeite todas as propostas socialistas, unha mostra de que o traballo do Consello de Contas é so “un trámite molesto” para esta formación

A vicevoceira do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe ao PP de empregar o rodillo da súa maioría no Parlamento para intentar ocultar o reiterado incumprimento por parte da Xunta das recomendacións do Consello de Contas.

A deputada do PSdeG considera que esta actitude constata que para o Partido Popular o traballo deste órgano fiscalizador é simplemente “un trámite molesto que cumprir”, procurando que teña pouca transcendencia co obxectivo de que non se visualicen as eivas de xestión do goberno galego. Tras amosar “a nosa contundente disconformidade” con ese xeito de actuar, Rodríguez Rumbo incidiu en que demostra “a continua falta de transparencia do PP”, así como “o desprezo polo traballo da oposición”.

A parlamentaria socialista realizou estas declaracións durante a comisión para as relacións co Consello de Contas, onde se someteron a debate as recomendacións sobre a súa memoria do ano 2020 e os informes de fiscalización do sector público de Galicia. Neste escenario, o PP votou en contra das 56 recomendacións e das 36 propostas formuladas polo PSdeG.

Para a vicevoceira do Grupo Socialista isto evidencia que “a Xunta e o PP non teñen ningunha intención de ter una maior transparencia e unha xestión máis eficaz e clara de cara á cidadanía e ao Consello de Contas”. “O PP”, dixo, “ningunea a este Parlamento e ningunea o traballo desenvolvido polo Consello de Contas”.

De feito, esas propostas tiñan como obxectivo dotar de maior transparencia á xestión da administración autonómica no seu conxunto e dun maior control orzamentario ás contas do goberno galego. Ademais recollen, en boa parte, as presentadas ano tras ano e tamén realizadas polo propio Consello de Contas.

Porén, o PP négase reiteradamente a asumilas. Desta maneira, non só rexeita que se coñeza coa debida transparencia como se xestionan os cartos públicos, senón que tamén trata de impedir que se clarifiquen “afirmacións tendenciosas” como as realizadas polo presidente da Xunta cando di que o Estado se forra a conta dos cartos públicos.

Neste aspecto, Rodríguez Rumbo advertiu que, despois de 13 anos á fronte do goberno galego, ou ben Feijoo confunde o público co privado e pon en tea de xuízo ás administracións públicas cun discurso populista ou ben esquece que a maior parte dos ingresos da comunidade autónoma galega veñen dos impostos que recada o Estado. En concreto, son o 50% do IRPF, o 50% IVE ou o 58% dos impostos sobre hidrocarburos, entre outros.

Na súa intervención, Begoña Rodríguez Rumbo tamén puxo de manifesto as “anomalías” no desenvolvemento da comisión do Consello de Contas. Así, lembrou que se tardou 8 meses en traer a Comisión o contido da memoria de actividades do ano 2020 e alertou do retraso no debate dos informes de fiscalización ou a rendición da conta xeral.

“Hoxe vén aquí”, enfatizou, “a do ano 2019 cando xa tiñamos que estar debatendo a do ano 2020”. Contrapuxo esta situación, coa maior dilixencia que existe noutras comunidades como Asturias, Andalucía, Cataluña ou Madrid, por exemplo.

Neste contexto, unha das primeiras propostas de resolución suscitadas polo Grupo Socialista foi precisamente a reprobación á falta de dilixencia na labor de colaboración da Xunta de Galicia co Consello de Contas. “Séguese a constatar que non se aprecian avances salientables no cumprimento das recomendacións realizadas por este órgano”, reiterou.

En definitiva, concluíu Begoña Rodríguez Rumbo, “o goberno galego, unha administración pública na que leva gobernando o Partido Popular dende hai 13 anos de forma ininterrompida, presenta ano tras ano unhas contas carentes de transparencia e rigor orzamentario”. Tan grave como iso é o feito de que o grupo que sustenta ao goberno, o PP, “entende que as recomendacións do Consello de Contas so están para cumprir un trámite incómodo sen necesidade de esixirlle á Xunta que cumpra coas súas obrigas”.

AS RECOMENDACIÓNS E PROPOSTAS DO GRUPO SOCIALISTA

Entre as 56 recomendacións presentadas polo PSdeG á memoria de actividades do Consello de Contas no ano 2020 figuraban, entre outras, que se fiscalicen os contratos de publicidade e propaganda da Xunta entre o ano 2015 e a actualidade ou que se realizase unha fiscalización e auditoría operativa sobre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Axencia Galega de Innovación, a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia, a Axencia Galega de Turismo e as confrarías de pescadores.

Tamén se pedían informes sobre as axudas e convenios levados a cabo pola Xunta coas entidades locais e institucións dependentes, sobre o custe das competencias autonómicas que están a desenvolver ou financiar as corporacións locais, sobre o impacto económico dos beneficios fiscais aplicados polo goberno galego dende 2015 ou sobre o destino dos ingreso recibidos do Estado para sanidade e educación a raíz da crise da covid.

Canto ás propostas de resolución, o PP tamén bloqueou todas, entre elas a que pedía que goberno galego inclúa urxentemente un novo plan de contabilidade pública, tras 12 anos de inacción neste sentido,  ou que se delimiten as entidades que integran o perímetro orzamentario e da conta xeral co fin de dotala dunha maior transparencia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29