Categorías: Actualidade

Baltar goberna na Deputación “como un señor feudal” repartindo fondos “como favores”

A parlamentaria socialista Noela Blanco acusou hoxe ao presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, de xestionar o ente provincial “como un señor feudal”. Na comparecencia no Parlamento no debate de Orzamentos, criticou que trate aos alcaldes “como vasallos” repartindo 6,7 millóns de euros –dun total de 8,5- entre concellos do PP.

Mentres as outras provincias presentan un Plan Único con fondos repartidos con criterios obxectivos, explicou, a Deputación de Ourense “obriga aos alcaldes a “axeonllarse e ser do seu gusto para obter os seus favores”. Mentres, dixo, en 2019 era a Deputación que menos proporción do orzamento destinaba á protección e promoción social, e o único orzamento que medra en 2020 é o de persoal.

Blanco criticou que o único interese dos orzamentos da Deputación para o próximo ano sexa aumentar os gastos de persoal “para seguir mantendo a rede clientelar e contentar aos seus socios de goberno de Democracia Ourensana”. Esta partida absorbe o 40 por cento do gasto previsto para 2020, cun incremento de 2 millóns de euros, “5 veces máis do que vostede vai dedicar á promoción da natalidade”, puntualizou.

A parlamentaria socialista advertiu que a xestión de Baltar supuxo a redución de 21.000 habitantes dende 2012, co que xa son 120.000 persoas menos dende 1980, ademais de que Ourense teña aos 32 concellos con menor ratio entre cotizantes e xubilados e a taxa de actividade máis baixa de todo o Estado.

Mofa nacional

A responsable socialista acusou a Baltar e Feijóo de facer da provincia “a mofa de todo o país” ao “ampliar o circo que tiñan montado” acordando con Pérez Jácome, que ata abril era cualificado de “letal” polo presidente da Xunta, intercambiar a presidencia da Deputación pola alcaldía da capital da provincia.

Acusouno de “vender a cidade de Ourense para mercar a provincia e manter o poder a toda costa”, co resultado de “arrastrar o nome da nosa provincia polo barro, avergoñando a toda unha provincia que debera ser coñecida pola súa riqueza natural ou cultural”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04