Categorías: Secretaría Xeral

As deputacións socialistas reivindican “outra forma de gobernar” en Galicia

Formoso, Silva e Tomé participan en Granada nas xornadas do PSOE “Os Gobernos provinciais na recuperación”

Formoso destacou “o papel clave” das deputacións e concellos nos grandes retos que enfronta o país, fronte a un goberno galego “paralizado, desconectado da realidade social e máis ocupado na carreira política de Feijoo como líder do PP nacional  e na súa sucesión á fronte da Xunta que nos problemas reais da cidadanía”     

Valentín González Formoso, Carmela Silva e José Tomé participan durante hoxe en Granada, xunto aos titulares doutras deputacións  gobernadas polos socialistas en toda España, nas xornadas do PSOE “Os Gobernos provinciais na recuperación”.

O secretario xeral do PSdeG e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou “o papel clave” das deputacións e dos concellos galegos nos grandes retos que enfronta o país, fronte a un goberno galego “paralizado, desconectado da realidade social e máis ocupado na carreira política de Feijóo como líder do PP nacional  e na súa sucesión á fronte da Xunta que nos problemas reais da cidadanía”.

Formoso sinalou que “as administracións locais gobernadas polos socialistas están demostrando con feitos que hai outra forma de gobernar en Galicia”, e aludiu aos programas que as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra están desenvolvendo en ámbitos como os servizos sociais, a creación de emprego, a igualdade, as oportunidades no mundo rural ou o apoio aos colectivos que máis sofren as consecuencias sociais e económicas da crise. Programas con frecuencia máis ambiciosos, máis áxiles e máis conectados coa realidade social e as demandas da cidadanía que os da administración autonómica.

O líder dos socialistas galegos defendeu ademais o municipalismo, “que está no ADN socialista e que é mellor escola de formación política”, xa que as administracións locais son as máis achegadas á cidadanía e as que mellor coñecen a realidade do territorio.

Os municipios e actividade rural, a reforma laboral nos gobernos locais ou a xestión de fondos europeos son tres dos temas abordados durante a xornada “Gobernos provinciais na recuperación”, na que se realizou un especial fincapé na necesidade de abordar esa recuperación desde a igualdade entre o medio rural e o urbano.

A finalidade do encontro é compartir ideas e experiencias impulsadas por gobernos socialistas  desde concellos e deputacións que contribúan a unha recuperación económica e social que non deixe a ninguén atrás, en liña coas actuacións do Goberno de España.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27