Categorías: Actualidade

Aprobada a proposta socialista para establecer un protocolo de actuación ante a enfermidade de Behçet

A Comisión de Sanidade aprobou hoxe parcialmente unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta un protocolo de actuación para a atención a enfermos de Behçet. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamou impulsar a diagnose, tratamento e investigación dunha enfermidade considerada rara.

A Comisión aprobou establecer un protocolo de actuación para os casos detectados como posibles afectados por esta enfermidade no sistema público de saúde, así como dar seguimento ás medidas e conclusións aprobadas na moción socialista aprobada por unanimidade no Senado en relación á atención a estes pacientes.

Ademais aprobouse fomentar a formación e o acceso á información sobre a enfermidade aos profesionais da sanidade pública “co fin de mellorar a súa capacitación para a detección e diagnose”.

O responsable socialista citou ao ex conselleiro Agustín Hernández para sinalar a “falla de corazón” do goberno galego de cara a uns enfermos afectados dunha enfermidade incapacitante, descoñecida e cara de manter polo sistema público, con tratamentos que supoñen 150 euros mensuais, que “en moitas ocasións chegan ata os 300”. Así o dixo logo de que rexeitaran aumentar o investimento en investigación biomédica, especialmente ás enfermidades raras e sinaladamente o Behçet.

Lamentou que non fora aprobada a parte da proposta que pedía a constitución dunha unidade multidisciplinar de referencia para mellorar e avanzar nos tratamentos aos doentes, demandarlle ao Goberno central que estude melloras no sistema de avaliación das incapacidades para garantir mellores condicións laborais aos afectados.

Sinalou que “a non existencia de regulación homologada provoca desigualdades” no acceso a un tratamento que obriga a moitos pacientes a acudir á sanidade privada, o que “non é unha saída posible para moitos dos afectados”.

Reclamou por iso un esforzo do goberno galego para impulsar a diagnose –con formación e protocolos de actuación-, o tratamento –a través de unidades mutidisciplinares-, o recoñecemento da incapacitación laboral que provoca, e o impulso da investigación para avanzar na busca de solucións.

Lembra que o Senado vén de aprobar unha moción do Grupo Socialista instando a diversas melloras na diagnose e tratamento desta enfermidade, e reclama “dar seguimento e aplicación” a estas medidas tamén na competencia da Xunta sobre a sanidade pública.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

1. Dar seguimento e aplicación ás medidas e conclusións incluídas na moción presentada polo Grupo Socialista na Comisión de Sanidade e Servizos Sociais do Senado de España e aprobada por unanimidade.

2. Fomentar a formación e o acceso á información sobre a enfermidade de Behçet aos e ás profesionais do sistema público de saúde, co fin de mellorar a súa capacitación para detección e diagnose.

3. Establecer un protocolo de actuación para os casos que poidan ser detectados como posibles afectados da enfermidade de Behçet dentro do sistema público de saúde”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18