Categorías: Actualidade

Aprobada a nosa proposta para impulsar a mellora no subministro eléctrico no rural

A Comisión de Industria do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei do Grupo Socialista dirixida a demandar a implicación do goberno galego á hora de mellorar o subministro eléctrico do rural. O portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, foi o encargado de levar ao Parlamento os problemas que supoñen para os gandeiros as eivas no servizo “en pleno século XXI e na que foi bautizada como Lexislatura do Rural”.

Pérez Seco denuncia que a día de hoxe “aínda quedan lugares nos que a falla de tensión fai imposible facer uso simultáneo do frigorífico, a televisión e a lavadora, ou utilizar maquinaria de muxir nunha granxa”. Denunciou que as empresas subministradoras só se fagan cargo do 25 por cento da renovación das liñas, mentres o resto corre a cargo da administración e dos particulares.

Sinalou que a propia Administración “fracasa ao obrigar ás empresas subministradoras e resolver as reparacións e conservar as liñas”. A situación chega ao punto de que un gandeiro que queira ampliar a súa explotación ou iniciar un novo proxecto lonxe do núcleo habitado ten que asumir o custe dunha electrificación que inmediatamente despois pasa a ser da empresa subministradora.

Apuntou que “o noso rural precisa dunha electrificación axeitada semellante á das zonas urbanas, para facilitar a posta en marcha de novas empresas” polo que “débense pór en marcha políticas encamiñadas a dotar ao rural dos mesmos servizos que as zonas urbanas” para “revitalizar o medio e ofrecerlle á cidadanía oportunidades de emprego coas que conseguir un maior asentamento da poboación”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia para que se dirixa ás empresas subministradoras de enerxía eléctrica co fin de que os plans de investimentos anuais contemplen especificamente a singularidade e necesidades do rural galego para continuar a mellorar a calidade da subministración eléctrica”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41