Categorías: Actualidade

Aprobada no Parlamento de Galicia unha iniciativa socialista para eliminar o risco existente no porto de Malpica

A Comisión de pesca e marisqueo aprobou a iniciativa socialista eliminar urxentemente o risco existente no porto de Malpica. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, presentou esta proposición non de lei onde se insta ao Goberno Galego a acometer as medidas reclamadas pola confraría de Malpica para eliminar os riscos existentes antes de que acabe o actual período de sesións.

A deputada socialista denunciou como no porto de Malpica “prodúcense correntes e remuíños” que provocan unha situación de “perigo constante”. Esta situación de inseguridade levaría ao afundimento o 20 de decembro do Pesqueiro Silvosa no porto, levando consigo a vida dunha persoa ao tentar realizar unha manobra de saída que requira de moitísima “pericia, valentía e temeridade”.

A parlamentaria socialista explicou que esta situación era de sobra coñecida e aínda así “non se tomaron as medidas necesarias para evitar accidentes. Referiuse aquí as palabras da Conselleira do Mar no Pleno, nas que se afimaba que en 50 anos que levaba o porto construido non pasara nada e que agora ibase a actuar, mostrando unha visión moi obsoleta dos contornos laborais.

Recordou así o Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020 onde se establece a liña de actuación de “mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas que dedican a pesca” e que a un ano de acaba ten aínda moito pendente para acadar a modernización prevista.

No mesmo sentido, referiuse tamén a outras medidas como a sinalización de bateas, a cal leva pendente dende o 2015, e unha resolución aprobada no 2016 no Pleno do Parlamento onde se instaba ao Goberno a dotar os portos de mecanismos antiafundimento. En ambos casos, estes obxectivos quedaron en papel mollado, motivo polo que a responsable socialista pediu medidas concretas e sobre todo concreción de prazos para evitar que, ao igual que sucede coa sinalización das bates ou coa dragaxe de Laxe, pendente dende 2014, as medidas non se realicen ao perderse nunha eterna  tramitación técnica.

A representante socialista pediu “empatía” coas familias e reprochoulle ao PP que recentemente renunciase a un incremento do gasto público dun 0,5% do PIB antepoñendo os intereses e a ideoloxía as necesidades e os intereses da cidadanía. Neste sentido solicitou recuperar o investimento dun millón de euros en “saúde e seguridade”, que actualmente ten un gasto de trescentos mil euros, e que non deixasen sen executar 6 de cada 10 euros.

O texto da iniciativa redactada é o seguinte:

  1. Acometer de forma urxente, baixo o asesoramento dos técnicos e comunidade portuaria e coa previa análise da positividade e efectividade das medidas a adoptar, as medidas reclamadas pola cofaría de Malpica para o seu porto naqueles aspectos que sexan viables e positivos técnica e operativamente de cara a eliminar a situación de risco existente no porto de Malpica, co fin de evitar novas desgrazas.
  2. Se proceda, urxentemente a analizar a viabilidade de executar, en caso de ter a avaliación técnica, medidas para qe se elimine o desnivel ou escalon existente baixo a comporta da dársena, se proceda a dragar a dársena, se mellora a iluminación da comporta e se regulen os fondeadoiros das embarcacións da sétima lista.
  3. Se proceda, de feito inmediato a analizar a viabilidade, e si así fose, a elaborar a executar no menor prazo posible, o proxecto que permita mellorara  seguridade mediante o alargamento do espigón e dique de abrigo do porto, tal como recomenden os técnicos.
Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18