Categorías: Actualidade

Aprobada a nosa proposta para reforzar ás Oficinas Agrarias Comarcais

A Comisión de Agricultura do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta o reforzo dos recursos materiais e humanos das Oficinas Agrarias Comarcais. O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Raúl Fernández, sinalou o seu papel “clave” á hora de atraer e fixar poboación e actividade económica no rural e de asesorar a gandeiros e agricultores.

O responsable socialista emprazou ao goberno galego a utilizar as Oficinas Agrarias Comarcais como “servizo público de referencia e proximidade” e sinalou a súa “función clave” para a “dinamización da poboación e da actividade do rural”. Sinalou que a crise de poboación do rural fai a estes instrumentos “máis necesarios que nunca” para atraer poboación a un medio en risco.

Acusou ao goberno galego de ter deixado esmorecer ás Oficinas Agrarias Comarcais, limitando os seus recursos materiais e humanos ata limitalas a un papel de “xestoras de tramitación” que “non é dende logo o máis importante”. Sinalou a urxencia de dotar estes servizos de recursos “potentes” para vehicular unha “acción transversal imprescindible” para o rural.

Advertiu neste sentido que “non se pode estandarizar o conxunto das OAC de xeito que os medios materiais e humanos sexan os mesmos” porque “cada territorio ten condicións, realidades e sectores clave diferentes” e esixen respostas diferenciadas dende a administración.

Fernández emprazou ao goberno galego e aos representantes institucionais a “ser activistas do rural para encetar políticas transversais que permitan o seu desenvolvemento” a partir da difícil situación actual, con apenas o 20 por cento da poboación espallada polo 80 por cento do territorio total de Galicia.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

1. Levar a cabo unha análise completa da situación actual das Oficinas Agrarias Comarcais existentes en Galicia no presente ano 2019.

2. Antes de rematar a Lexislatura, realizar unha planificación das Oficinas Agrarias Comarcais consecuente coa realidade da actividade agrogandeira galega, garantindo que as oficinas agrarias comarcais manteñan as súas funcións de dinamización e de asesoramento aos gandeiros e agricultores das zonas correspondentes, dotándoas dos medios materiais e humanos necesarios para o desenvolvemento das súas funcións”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08