Categorías: Actualidade

Aprobada a nosa proposta para pedirlle á Xunta a cesión da Lonxa Vella de Camariñas ao Concello

A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta a cesión da titularidade do edificio da Lonxa Vella de Camariñas ao Concello para que este poida “darlle vida e recuperar o inmoble”. A deputada Encarna Liñeiro reclamara a transferencia da titularidade do edificio, pero aceptou a emenda do PP para aprobar a cesión “canto antes”.

Explicou que a Lonxa Vella é “máis que un edificio, é unha institución” en Camariñas, e subliñou o apoio do Concello a asumir o uso do inmoble e “facer un esforzo importante para adecentar, darlle utilidade e poñer en valor parte da historia de Camariñas, que estea en bo estado e que volva ser útil”.

A parlamentaria de Camariñas lembrou que o edificio atópase baleiro de tapiado, que “xa non ten uso portuario e está integrado na zona máis transitada da vila”, nun estado “ruinoso” ata o punto de que conta cun “campo de herba no tellado”. Actualmente é o Concello quen se ten que facer cargo do escaso mantemento dun edificio titularidade de Portos de Galicia, que “reflicte a actitude de abandono total da Xunta coa Costa da Morte”.

Liñeiro reclamoulle ao goberno galego que atenda á solicitude do Concello para facer un Museo do Mar con capacidade para aulas nas que se desenvolvan cursos de formación “nun dos portos pesqueiros de titularidade autonómica con máis flota de toda Galicia”. Así o establece a Memoria que está a realizar o Concello logo de que o anterior proxecto que lle presentaran a Portos de Galicia para facer un Auditorio – Museo do Mar “non convenceu á presidenta do ente”.

Os socialistas galegos reclamaron así “a cesión inmediata do edificio ao Concello”, e que “a lo menos limpen e adecenten o edificio da Lonxa Vella para que non sexa un perigo nin un elemento de feísmo no medio dunha fermosa vila pesqueira e turística”.

A deputada socialista censurou o desleixo amosado polo goberno galego cara Camariñas, tanto no caso da Lonxa Vella coma na ponte da dársena, que logo de permanecer un ano pechado por Portos de Galicia, terá que ser reparado polo Concello, que “non recibirá un só euro dos 12.000 que custa o seu arranxo”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a colaborar co Concello de Camariñas para chegar a unha cesión de uso do edificio da lonxa vella de Camariñas ao Concello, a solicitude do ente local”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08