Categorías: Actualidade

Aprobada a nosa proposta para estender a rede de Centros de Información á Muller a toda Galicia

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha moción do Grupo Socialista para reclamarlle ao goberno galego a ampliación da rede de Centros de Información á Muller –CIM- para achegar este servizo a todo o territorio galego o próximo ano. A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, María Pierres, presentou esta iniciativa para estender o servizo aos 130 concellos que seguen sen contar cun destes centros.

A proposta aprobada hoxe sitúa o próximo ano como horizonte para ter cuberta a totalidade do territorio galego, incluíndo “todos os concellos de Galicia onde ou ben non existe servizo suplementario de carácter municipal ou non está integrado na estrutura autonómica” de CIM. A responsable socialista lembrou que a día de hoxe hai 82 CIMs que atenden a 183 concellos en toda Galicia.

Pierres reclamou a mellora da comunicación e da relación entre os centros, incluíndo protocolos para coordinar e optimizar as actuacións en materia de violencia de xénero, coa necesaria cooperación interautonómica entre redes de centros. Neste sentido, explicou que os CIM tan só necesitan dos perfís que cumpran coa atención psicolóxica e xurídica, pero as súas novas funcións fai altamente recomendado un axente de igualdade, do que hoxe só dispoñen 3 de cada 4.

Reclamou o reforzo do papel destes centros á hora de garantir a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero, incorporando tamén o perfil profesional do traballo social ou orientación e intermediación laboral, para asesorar ás usuarias.

Reclamou así o reforzo económico e técnico á Rede autonómica de CIMs e reforzando a formación das profesionais que traballan neles incorporando as realidades dos colectivos que atenden, como LGTBI, inmigrantes ou vítimas de violencia de xénero, atendendo ás recomendacións trasladadas dende os propios centros a través das súas memorias anuais.

CIM de Cambados

A responsable socialista criticou a “hipocresía política” do conselleiro de Vicepresidencia e ao PP que “só perciben problemas nos concellos onde eles non gobernan” demostrando, dixo, o “virus da memoria selectiva”. Lembrou a situación pola que ten pasado o CIM de Cambados, que chegou a estar aberto por temporadas só durante seis meses.

Pierres lembrou que a primeira directora daquel centro foi precisamente a presunta “narcoavogada” Tania Varela, cando o PP gobernaba na vila e Alfonso Rueda exercía como secretario municipal. Advertiu que “teremos que pedir unha nova temporada de Fariña, con banda sonora de Amizades Perigosas, para saber con que amigos compartiron e comparten as súas sedes” municipais.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a implementar e impulsar as seguintes melloras na Rede CIM de Galicia e que permitan garantir o servizo integral e de calidade para todas as mulleres galegas, independentemente da súa localización no territorio, mellorando a accesibilidade aos servizos:

1. Consolidación da Rede Integral de CIM en todo o territorio, especialmente no rural galego, impulsando en colaboración cos diferentes concellos a apertura de máis centros, independentes ou mancomunados, e que permitan cubrir a totalidade do territorio galego no horizonte do ano 2020.

2. Fomento da cooperación institucional e entre os propios CIM, así como de maior cooperación interautonómica, co fin de intercambiar experiencias e crear protocolos que permitan coordinar e optimizar as actuacións en materia de violencia de xénero.

3. Mellora do funcionamento da plataforma Xestión CIM, e revisión e estudo de melloras no sistema de implementación de datos para a xustificación das actuacións dos CIM, para velar pola confidencialidade na atención ás usuarias.

4. Estender o Programa de Inserción Laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero iniciado no ano 2016 a través das entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, neste ano 2019 ás entidades locais, así como ao tecido empresarial.

5. Seguir a apoiar á Rede autonómica de Centros de Información a Muller, garantindo o finanzamento dos recursos económicos necesarios, máis alá do periodo actual vixente ,dos Fondos Europeos, así como dos Medios técnicos precisos:

Fomentar que nas entidades locais incorporen perfís profesionais a maiores dos que se recollen no artigo 10 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia.

6. Implementar desde o vindeiro ano 2020, a presentación durante o mes de xaneiro, do programa e axenda anual de formación dos e das profesionais dos CIM, atendendo ás realidades dos colectivos atendidos nestes centros (LGTBI, inmigrantes, mulleres e menores vítimas de violencia de xénero…) e as súas problemáticas (traumas, dependencia emocional, apego, adiccións e traumas), así como outras formacións suxeridas nos informes das memorias anuais dos CIM de toda Galicia”.

Plan de Igualdade

Pierres acusou ademais ao goberno galego de levar 10 anos sen aprobar o I Plan de Igualdade da Administración Autonómica, obrigado pola Lei do Traballo en Igualdade de 2007. A responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que esixiu políticas “comprometidas coa igualdade”.

A responsable socialista lembrou a obriga legal de que tanto a administración autonómica como os organismos autónomos, sociedades públicas, fundacións, entidades de dereito público e os organismos con dotación diferenciada nos orzamentos conten con estes plans de igualdade.

Sen embargo, e malia que o presidente da Xunta comprometera o 8 de marzo de 2018 que o Plan de Igualdade da administración autonómica era “inminente”, a realidade é que “estamos en 2019 e dez anos despois este Plan de Igualdade segue sen ser unha realidade”.

Criticou o desleixo do goberno galego á hora de cumprir cos requisitos en materia de igualdade e da súa falla de interese na aplicación da Lei do Traballo en Igualdade, aprobada polo goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño, ata o punto de que en 2017 apenas o 10 por cento das empresas de máis de 250 traballadores compren coa Lei de Igualdade.

Deputación Provincial

Pierres contrastou o desinterese do goberno galego coa actitude dos socialistas galegos na Deputación Provincial de Pontevedra, que logo de 33 anos presidida polo PP, dende a chegada do PSdeG apenas tardaron 2 anos en aprobar o Plan de Igualdade, elaborado en base a unha auditoría laboral de xénero. Sinalou que “esta é a diferenza entre poñer á igualdade como prioridade das políticas públicas e non facelo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08