Categorías: Actualidade

Aprobada a nosa proposta para apoiar á comercialización de produtos do mar

A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe de forma parcial unha proposición non de Lei presentada polo Grupo socialista para reclamarlle á Xunta un programa concreto de apoio á comercialización de produtos do mar. A iniciativa foi presentada pola portavoz socialista de Pesca, Loli Toja, quen situou á comercialización como “a asignatura pendente da Consellería de Pesca”.

Toja explicou que o goberno galego reduciu a partida orzamentaria dirixida a aumentar o valor engadido de produtos dende 1,2 millóns de euros a apenas 185.000. Esta situación resulta especialmente grave, explicou, cando o programa ao que pertence, o de mellora da calidade produtiva, apenas foi executado nun 37 por cento en 2017.

Sinalou que “por moito que a Consellería fale da cadea Mar – Industria, esta é difícil de comprender sen orzamentos, sen respaldo económico”, e puntualizou que “calquera cuestión que se establece como obxectivo da Consellería, sen a correspondente partida orzamentaria, pasa a ser unicamente un brinde ao sol”.

Lamentou que, a pesares de ter apoiado parcialmente a iniciativa, o PP votara contra os apartados que pedían establecer liñas de cooperación coa Axencia Galega de Innovación –Again- para incrementar o valor engadido dos produtos do mar. Tamén vetaron a proposta dirixida a establecer liñas de cooperación co Igape para apoiar o financiamento e a expansión internacional das empresas que elaboran produtos do mar.

Sinistralidade no mar

A responsable socialista criticou o veto do PP a unha proposición non de Lei para pedirlle á Xunta un estudo sobre a elevada sinistralidade e as enfermidades específicas no mar, onde só se recoñecen 12 ao ano.

Toja recloulle ao goberno galego unha análise específica sobre as enfermidades profesionais que afectan a redeiras e mariscadoras, “analizando as súas causas, frecuencia e medidas de prevención”. Sinalou a alta incidencia de trastornos músculo – esqueléticos entre este colectivo, e explicou que o baixo coñecemento deriva en “dificultades para o recoñecemento dunha baixa por continxencias profesionais”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a elaborar un programa concreto de apoio á comercialización de produtos procedentes do mar, tanto no ámbito estatal como no internacional, dotándoo coa contía orzamentaria suficiente para executalo na súa totalidade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08