Categorías: Actualidade

“Agardar que chova” como eixo da política de prevención de incendios da Xunta

O portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Martín Seco, acusou ao goberno galego de “resignarse a que chova” como política preventiva “para evitar que ano tras ano ardan as mesmas zonas de Galicia. Así o dixo no debate dunha interpelación no Pleno do Parlamento na que criticou a falla de reforzo nos medios de extinción e vixilancia nas zonas sensibles.

Seco tomou as declaracións do propio presidente da Xunta ao definir os lumes de setembro en Ourense como “un clásico”, ou do director xeral de Montes anunciando unha “forte actividade incendiaria” que finalmente se produciron, para criticar o desleixo da Xunta. Criticou que, malia coñecer da situación, deixaran sen reforzo os medios para evitar que preto de 10.000 hectáreas arderan na provincia só en setembro, 3.000 das cales dentro do Parque Natural do Xurés.

O responsable socialista reclamou “trocos na dirección xeral de Defensa do Monte e nas súas políticas” ante o seu fracaso á hora de reforzar a prevención e o desenvolvemento forestal. Acusou ao conselleiro do Medio Rural de “intentar mercantilizar todo o que toca” mentres renuncia a fomentar a actividade para evitar o abandono do rural e carece dun “verdadeiro plan de posta en actividade que mobilice terras e incentiven a produción e a xestión forestal”.

Criticou que dediquen “90 millóns de euros anuais en medios de extinción e tan pouca inversión en prevención e fomento do desenvolvemento forestal”, ao tempo que “meteron no caixón” a revisión do Plan Forestal acordado no Parlamento de Galicia en 2017 e que a día de hoxe seguen sen executar.

Descoordinación e escasa profesionalización

Martín Seco alertou das continuas denuncias por “unha falla sistemática de coordinación dos medios aéreos e terrestres” que atenderon o macizo central de Ourense durante os lumes de setembro, unidos ás múltiples baixas de axentes forestais sen cubrir, e a falla de axentes destinados á investigación, que resultan “completamente insuficientes”.

Reivindicou a “profesionalización do sector” mentres os técnicos de prevención e loita contra incendios están “desesperados e á espera de acordos”, desempregando un traballo de alto risco con infrasalarios e carecendo de equipamento material e técnico axeitado. En definitiva, resumiu, “todo isto deriva nunha maior descoordinación, menor eficacia e maior desprofesionalización duns traballos onde o perigo e o risco son unha constante”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08