Categorías: Actualidade

Acción integral para a recuperación das rías

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle hoxe ao goberno galego “unha acción integral sobre as rías” galegas, encamiñada á súa recuperación medioambiental e produtiva. Así o dixo na visita do Grupo Parlamentario á comarca de Arousa, onde visitaron o Parque Natural do Carreirón, na Illa de Arousa, e as localidades de Cambados e O Grove.

O responsable socialista presentou as liñas mestras das propostas socialistas para a depuración das rías galegas, que pasan por unha interpelación que será debatida no Pleno da próxima semana na que pedirán situala como prioridade de goberno. Fernández Leiceaga reclamou “concentrar esforzos e eliminar as trabas que se pon a administración a si mesma para darlle unha solución aos problemas ambientais e produtivos das rías.

Sinalou neste sentido á depuración das augas da área de Compostela como principal motivo de contaminación na ría de Arousa. Explicou que as depuradoras da zona urbana están “sobrepasadas para atender tódalas augas residuais”, e instou á Xunta a exercer a súa competencia exclusiva sobre a depuración de Ames e coordinarse cos gobernos central e local para resolver a situación da depuradora de Compostela, que pon en perigo os fondos comuntiarios.

Trasladou ademais a súa preocupación pola situación das depuradoras de Poio, Pontevedra, o saneamento da Ría do Burgo, ou da Ría de Ferrol, onde os vertidos provocaron a paralización da actividade marisqueira.

Esixiu unha “política máis decidida” do goberno galego neste sentido, tamén dende o punto de vista do impulso e protección dos parques naturais e zonas protexidas como polo de atracción turística. O portavoz socialista puxo ao Parque Natural do Carreirón como exemplo da combinación da protección medioambiental coa actividade turística e marisqueira.

Finalmente, explicou que os socialistas presentarán unha proposición de Lei para impulsar o uso de bolsas de plástico reutilizables con motivo da celebración, o próximo 5 de xuño, do Día Mundial do Medio Ambiente, este ano centrado no control das bolsas de plástico. Fernández Leiceaga lamentou neste sentido a “práctica ausencia de iniciativas da Xunta de Galicia” nesta liña.

Puro postureo

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, cualificou hoxe de “puro postureo” a política do goberno galego en materia medioambiental, logo de constatar que “non fan nada, e a UE está sancionando por incumprir os deberes en materia de depuración das augas residuais”. Explicou que os socialistas galegos “estamos fondamente preocupados pola protección medioambiental e polas persoas que viven do marisqueo.

Criticou que o goberno galego “non fai os deberes en materia de protección e saneamento” e sinalou que “a Ría de Arousa e moitas outras de Galicia necesitan plans integrais de protección do goberno galego”.

O alcalde de A Illa de Arousa, Carlos Iglesias, interveu como anfitrión neste encontro dos socialistas galegos no que se dirixiu ao goberno galego para reclamar “máis medios para o solo protexido” e “máis incidencia na protección medioambiental de Galicia”.

O Grupo Socialista trasladouse a continuación a Cambados, onde mantiveron un encontro cos alcaldes e portavoces socialistas da comarca nunha xornada que rematou coa visita, xa pola tarde, ao concello de O Grove co alcalde Jose Cacabelos.

Saúdo a Pedro Sánchez

O portavoz socialista comezou a súa intervención saudando a Pedro Sánchez como novo presidente do goberno, a quen lle desexou “tódolos éxitos do mundo nunha situación política moi complicada”. Cualificou de “necesidade pública e política” que o líder socialista puidera rematar o debate da moción de censura “facendo que caera o goberno de Mariano Rajoy afogado pola corrupción”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08