Categorías: Actualidade

Absoluto desinterese da Xunta polo seu fracaso na incorporación de Robótica na Educación Primaria

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, criticou hoxe o desleixo demostrado pola Consellería de Educación diante do fracaso na incorporación nos centos de Educación Primaria da Introdución á Robótica Educativa como asignatura de libre configuración. Álvarez presentou unha pregunta en Comisión logo de constatar que a Xunta pasou de convocar 120 centros a apenas 25 en só tres anos.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de “non ter feito unha análise seria da inversión na tendencia dende o pulo inicial para a incorporación deste programa”. Explicou que no curso inicial -2017-18-, foron convocados 120 centros e seleccionados 112, pero no curso seguinte, cando convocaron a 129 centros, só puideron seleccionar 50, deixando vacantes o 60 por centro das prazas, co que no curso actual reduciron a oferta a apenas 25.

Criticou o aparente desinterese da Xunta por analizar os motivos polos que os centros deixaron de solicitar incorporarse a esta asignatura logo da boa acollida inicial, cando resulta “evidente que algo está a pasar para que os centros decidan non sumarse á convocatoria”. Apuntou que a decisión da Consellería de reducir as prazas de 120 a 25 supón un “recoñecemento explícito de que o programa non está a espertar nos centros o interese que se agardaba”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08