Categorías: Actualidade

A Xunta “xoga ao despiste” coa Vivenda de Protección Pública

A portavoz de Urbanismo do Grupo Socialista, María Pierres, acusou hoxe ao goberno galego de “xogar ao despiste” coa Vivenda de Protección Pública pola falla de oferta da Xunta e a baixa execución dos orzamentos previstos polo goberno galego. Pierres presentou unha pregunta oral na comisión de Obras Públicas do Parlamento na que criticou que as eufóricas previsións do goberno galego contrastan cos “paupérrimos” datos reais.

Pierres advertiu que de acordo cos últimos datos oficiais, o goberno galego puxo en circulación 9 vivendas públicas en 2016 e 31 en 2017. Un total irrisorio, dixo, que non chega a atender nin ao 2 por cento dos 14.463 inscritos no rexistro único de demandantes de vivenda pública, que corresponden a outras tantas familias que agardan por unha vivenda pública e que medra a razón de 5 novos inscritos cada día.

Pierres acusou ao goberno galego de facer do Rexistro “algo máis parecido ao servizo de Loterías do Estado” que “dificilmente poderá ser o áxil que pretende cando realmente non existen vivendas” no parque público. Criticou o desleixo do Executivo autonómico fronte ás estatísticas “terribles” que revelan que os gastos de vivenda son unha preocupación para o 95 por cento dos galegos e das galegas, e para o 60 por cento constitúen unha carga pesada cada mes..

A responsable socialista lembrou que o pasado ano foi aprobada unha proposta de Resolución do Grupo Socialista para construír 600 vivendas ao ano, o que incluso dando por bos os anuncios do goberno galego non se acadará ata dentro de “3 ou 4 anos”. Denunciou que “por moitos anuncios que fagan, a realidade é que levan máis tempo” do que comprometen, e esixiulle “realismo” ao goberno galego.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41