Categorías: Actualidade

A Xunta utiliza Camerún como modelo para a sanidade de Galicia

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe á Xunta de “empregar a Camerún como modelo de sanidade para Galicia”. Así o dixo no debate dunha moción para reclamarlle á Xunta un estudo de satisfacción dos usuarios, implantar un catálogo de servizos básicos e iniciar un plan de contratación de persoal do Sergas, ademais de acordar co goberno de España os procesos de acreditación de prazas de novo ingreso de pediatras, rexeitada polo PP.

Torrado replicoulle así ao conselleiro de Sanidade, que no último Pleno “presumía” de que Galicia tiña o quinto mellor sistema de acordo co informe elaborado polo Banco Iberoamericano de Desenvolvemento –BID-, pero agochando que segundo aquel criterio, o primeiro sistema do mundo é o de Camerún. Torrado explicou que este informe céntrase exclusivamente na eficiencia do sistema, deixando de lado a calidade dos servizos e o seu carácter público ou privado.

Por iso, dixo, o sistema galego atópase “inmediatamente por debaixo de Vietnam, que ocupa o cuarto lugar” nun informe que, apuntou, “precisamente titúlase facer máis con menos”. Criticou que o PP e o goberno galego utilicen como referencia “informes realizados por bancos e con criterios meramente economicistas”, tanto no caso do BID como no informe de Bloomberg, ao que a Xunta se refire reiteradamente.

O parlamentario socialista explicou que o dito informe realizado pola financeira Bloomberg sitúa nos dous primeiros postos de eficiencia sanitaria a Hong Kong e Singapur, onde dous de cada tres centros son privados e o 90 por cento da atención sanitaria é privada. Un informe que alaba o caso de Tailandia como o de mellor mellora logo de ter reducido un 40 por cento o gasto por persoa, e no que descalabra Chile 23 postos logo de aumentar o seu PIB en 28 puntos básicos.

Termo perverso

Julio Torrado alertou do recurso reiterado á eficiencia por parte do goberno galego, un termo “perverso” por canto, explicou, “mide a eficiencia entre gasto e rendemento do gasto” e limítase a unha valoración “utilitarista” do sistema”. Reclamou así a “non medir unicamente en termos de eficiencia” porque, dixo, a “eficiencia ilimitada é a lei da selva, que quen teña que pague, e quen non que se aguante, xustamente o que lles gusta aos que teñen”.

O responsable socialista defendeu un modelo baseado na equidade, e por iso reclamou hoxe un catálogo de servizos básicos a ofrecer polo Sergas en tódolos hospitais galegos da rede pública, comprometendo ademais un plan de contratación de persoal para o Sergas con 3.000 novas prazas en dous anos. Advertiu que esa será a única forma de afrontar o “problema grave pola seria vaga de xubilacións que está a achegarse”.

Os socialistas galegos instaron ao goberno galego a que acorde co goberno de España “facilitar e axilizar os procesos de acreditación de prazas de novo ingreso á formación especializada en Pediatría”. Tamén solicitaron un estudo de avaliación da satisfacción dos usuarios e usuarias da sanidade pública de Galicia nos vindeiros tres meses.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18