Categorías: Actualidade

A Xunta ten que instalar pasos de peóns e semáforos para mellorar a seguridade na estrada autonómica que cruza A Baña

A parlamentaria socialista Noa Díaz reclamoulle hoxe á Xunta a mellora urxente das condicións de seguridade na estrada autonómica AC-546 ao seu paso polas parroquias da Barcala, Corneira e Ordoeste, no Concello de A Baña. Díaz presentou unha pregunta oral en Comisión para urxir á instalación de pasos de peóns e semáforos nunha estrada catalogada como perigosa por Tráfico e que rexistra numerosos atropelos.

A parlamentaria compostelá levou ao Parlamento a preocupación dos veciños e veciñas, que “cada día se someten a situacións de tensión que non tiñan por que acontecer” por unha estrada que nos meses de decembro de 2016 e 2018 rexistrou dous accidentes mortais. Sinala que o Goberno galego ten plena competencia na xestión desta estrada e é o único responsable de aplicar unhas medidas que “non lle deberan supor moito, nin esforzo nin orzamento”.

A estrada AC-546 comunica Santiago e a Costa da Morte, e este tramo en concreto, que conecta Negreira con A Pereira, rexistra un tránsito de máis de un millón de vehículos ao ano. Ao seu paso polo Concello de A Baña, explicou Díaz, divide á metade as parroquias citadas, ata o punto de que nas dúas últimas “a Igrexa está a unha beira e o cemiterio á outra”, o que provoca que os veciños e veciñas teñan que cruzala de forma habitual “cunha axilidade que non todos posúen”.

O tramo, que arranca en Seoane cunha velocidade límite de 90 quilómetros por hora, chega aos 80 ao pasar por Ordoeste, e tan só ten un punto de límite de 50 quilómetros na aldea de Cruceiro, onde si que sería viable implantar un paso de peóns, e despois continúa con límites de 70 e 90 quilómetros por hora, onde os veciños e veciñas reclaman a instalacións de semáforos.

Díaz sinalo que “o Concello segue agardando unha resposta ás reivindicacións da veciñanza logo de se ter dirixido ao goberno galego para instalar un paso de peóns na aldea de Cruceiro”, así como “dunha solución semafórica no resto dos tramos, onde o límite de velocidade é superior” aos 50 quilómetros por hora.

Plan de Seguridade Viaria

Noa Díaz amosou a súa sorpresa polo feito de que a Xunta excluíra esta actuación do Plan de Seguridade Viaria presentado hai 5 anos, malia que incluía como obxectivo xenérico o obxectivo de incrementar a seguridade das vías. Sinala que a taxa de falecidos por millón de habitantes nas estradas galegas era en 2015 dun 41,6 por cento superior á media nacional, nunha estatística que “non diferencia aos atropelos”, o que “sería interesante para analizar a súa casuística”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18