Categorías: Actualidade

A Xunta ten a obriga de asegurar a actividade produtiva das ferraleaxes de Ferroatlántica en Cee e Dumbría

A portavoz de Industria do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, advertiu hoxe que “é competencia da Xunta de Galicia asegurar a actividade produtiva das ferroaleaxes” das fábricas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría. A responsable socialista presentou unha pregunta oral na que alertou das “lóxicas dúbidas sobre a continuidade dunha empresa fundamental para a Costa da Morte”, logo da súa venda.

Rodríguez Rumbo advertiu que “o goberno galego non pode obviar que a empresa Ferroatlántica benefíciase de concesións públicas para explotar recursos naturais que son de todos os galegos e as galegas, supeditadas ao mantemento e creación de postos de traballo”. Por iso reclamoulle ao presidente da Xunta que lles responda aos alcaldes e alcaldesas da Costa da Morte, que o 12 de agosto solicitaron unha xuntanza preocupados polo futuro da factoría.

A parlamentaria socialista insistiulle ao conselleiro de Industria, que respondeu á pregunta presentada hoxe, que a empresa “ten a obriga de presentar un plan de viabilidade que garanta a a actividade das ferroaleacións”, que o goberno galego vén de anunciar logo das iniciativas presentadas polos socialistas na Cámara autonómica.

Lembrou que a Xunta “ten a obriga de garantir o cumprimento das condicións esixidas para que a empresa obtivera a resolución definitiva para a concesión dos aproveitamentos hidroeléctricos. Estas pasan pola non segregación das actividades de produción de enerxía eléctrica e ferroaleacións, continuar coa produción de ferroaleaxe e manter o réxime de cotitularidade sen previa e expresa autorización administrativa.

Autorización administrativa

Mentres o goberno galego mantén que a operación non require de autorización administrativa “porque non afecta á titularidade”, Rodríguez Rumbo lembrou que, en xuño deste ano, o Grupo Ferrotlántica SAU, filial de Ferroglobe PLC, acordou a venda da totalidade das accións ao fondo estadounidense TPG Sixth Streer Partners, que á súa vez encomenda a xestión dos activos á empresa Ithaca.

A parlamentaria socialista lembra que a autorización administrativa concedida en 1992 e a conseguinte resolución definitiva de 1994 establecía que o réxime de titularidade non podería ser alterado sen autorización administrativa, ademais de que impedía a segregación das actividades de Ferroatlántica.

Por iso sinala que a venda debe ser autorizada previa e expresamente por Augas de Galicia, que ten a obriga de pronunciarse sobre se o negocio xurídico de Ferroatlántica está suxeito á autorización previa. Esta conleva a presentación dun Plan de Viabilidade que garanta a actividade de ferraleaxes e que especifique a continuidade do funcionamento de todos os fornos e o mantemento do emprego.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08