Categorías: Actualidade

A Xunta só contratou á metade dos profesores que comprometeu para apoiar na pandemia

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, criticou hoxe que o número de profesores contratados pola Xunta para as necesidades derivadas do coronavirus “non reflicte nin de lonxe a realidade”. Na comparecencia do conselleiro ante o Pleno do Parlamento para dar conta do inicio do curso, sinalou que a Consellería de Educación tan só contratou á metade dos profesores de apoio que ten comprometido logo dun “baile de cifras de antoloxía”.

Álvarez acusou ao goberno galego de mesturar o profesorado xa previsto antes da pandemia coas novas contratacións, duplicando así a cifra real. Sinalou que mentres o goberno “pasou de anunciar 1.000 profesores en agosto a 2.000 onte e hoxe preto de 2.300”, a realidade é que contratan 847 profesores para atender ás necesidades da covid en ESO, Bacharelato e FP e outros 240 para Infantil e Primaria, o que resulta 1.087, todos eles xa incorporados aos seus centros.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de empregar aos profesores xa previstos previamente para o incremento da oferta educativa en ESO, Bacharelato e FP e os profesores de apoio a través do programa Arco de reforzo educativo para “engordar os titulares” ante a pandemia.

O portavoz de Educación do Grupo Socialista criticou a “imprecisión, indefinición e indolencia” na xestión das medidas de seguridade no curso escolar, que “deixa máis dúbidas que certezas”. Sinalou que Educación publicou o calendario inicial o 9 de xullo pero non ditou a resolución para a incorporación do alumnado ata o 1 de setembro, e aínda modificou a data de inicio en secundaria a 17 de setembro.

Apelou á “prudencia normativa para dar instrucións con suficiente antelación” logo de que o goberno galego agardara ata o 24 de setembro para remitirlle aos docentes os protocolos de adaptación á covid – 19 no ensino non universitario, de prevención nos comedores escolares ou para a prevención da transmisión no alumnado con necesidades non educativas.

Lembrou que “outras comunidades autónomas sabían cantos profesores adicionais e con canto profesorado contarían en setembro, e prepararon os escenarios de presencialidade e semipresencialidade, así como a adaptación aos protocolos de metro e medio de distancia de seguridade.

Sinalou o traballo dos docentes e equipos directivos dos centros como clave para permitir que o sistema funcione, “e non porque a Consellería que vostede preside e dirixe fixese o seu traballo con antelación suficiente”. Preguntou “como é posible que nos centros concertados –que tamén reciben financiamento público- non houbera ningún problema de distancias, instalacións nin profesorado” e criticou que a día de hoxe estean negociando un paquete de medidas.

Desleixo

Álvarez puxo como exemplo deste desleixo a decisión de Educación de “descargar sobre os centros a responsabilidade a adquisición de máscaras hixiénicas para o alumnado máis vulnerable, así como da determinación do alumnado ao que se lle repartirían esas máscaras”. Reclamou “que coa máxima urxencia se diten instrucións precisas para administrar de xeito equitativo esta necesaria pero insuficiente medida”.

Continuou subliñando a falla de axilidade da Consellería ao atender á nova situación tamén no caso do transporte escolar, por canto ao separar ao alumnado de secundaria obrigatoria e bacharelato en quendas de mañá e tarde, os segundos quedaron sen poder empregar os buses escolares que compartían conxuntamente co alumnado de ESO.

Reclamou “unha solución a esta problemática”, xa que o alumnado de bacharelato “en moitos casos nin sequera ten a posibilidade de empregar un transporte público tanto para iniciar as clases como para retornar aos seus domicilios”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08