Categorías: Actualidade

A Xunta rexeita executar o acceso sur ao porto da Guarda cando “é unha infraestrutura fundamental para o futuro” da vila

Leticia Gallego sinala que “ao goberno do señor Feijóo non lle importa nada a nosa terra” cando “só inviste nos concellos do PP”

A deputada socialista Leticia Gallego censura que a Xunta rexeite executar o acceso sur ao porto da Guarda cando “é unha infraestrutura fundamental para o futuro” da vila. Fíxoo, hoxe, logo de que a Dirección Xeral se posicionase ao respecto ante unha pregunta do Grupo Socialista na Comisión de Infraestruturas do Parlamento.

“Que non se realice este proxecto a quen prexudica é principalmente aos mariñeiros, as redeiras  e a veciñanza da Guarda”, sentenciou a socialista, quen cualificou de “agravio” con respecto a outros concellos nos que si se están facendo novas infraestruturas. “Pedimos igualdade e equidade para todos os concellos de Galicia, independentemente da cor política do seu alcalde ou alcaldesa”.

Así, “con esta nula política en investimento en obra pública normal que non se realicen as centos de infraestruturas pendentes nos concellos galegos”, lamentou a dirixente socialista, quen sinalou que “esta é gran política que fai o goberno de Feijóo en Galicia” cando “non lle importa a nosa terra nada”, xa que “só se inviste nos concellos do PP”.

Por iso, reclamou a realización de proxectos de infraestruturas “para todos os concellos”, logo de coñecer que a Axencia Galega de Infraestruturas investiu 8,4 millóns de euros en concellos do Partido Popular, fronte a 280 mil euros dedicados a concellos dirixidos por rexedores ou rexedoras do PSdeG. “Isto é unha discriminación que afecta a moitísimos concellos da nosa terra e é unha vergoña”, censurou.

No caso específico da Guarda, a responsable socialista alertou de que o seu porto pesqueiro “carece dunha vía de comunicación aceptable coa estrada PO-552” que é a vía de entrada e saída á localidade, “o que dificulta moito o tráfico de vehículos, especialmente os pesados”.

Por último, Gallego urxiu a que esta infraestrutura se financie “dende diferentes administracións”, xa que o Concello da Guarda “por si só non pode capitalizar a obra”, polo que debería ser “unha administración supramunicipal, como a Xunta de Galicia, a que o faga”. “O orzamento medio total acadaría, de forma aproximada, os 2,4 millóns de euros, “un custe que se agarda sexa asumido conxuntamente”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41