Categorías: Actualidade

A Xunta recoñece que non ten feito os deberes para ampliar os MIR de Pediatría en Galicia

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe ao goberno galego a acreditar novas prazas de MIR diante do goberno central como paso previo imprescindible para ampliar o número de pediatras en Galicia. No debate dunha Interpelación no Pleno do Parlamento, acusou ao conselleiro de Sanidade de “non ter feito os deberes” impedindo así que o goberno central amplíe o número de prazas para Galicia.

O responsable socialista urxiu ao responsable de Sanidade que “se preocupe máis de formar pediatras” -facilitando que o goberno central poida acreditar máis prazas de MIR- “e menos de botar pediatras” fora de Galicia impoñendo a súa “explotación laboral, que non é o que buscan os profesionais”. Puntualizou que “primeiro necesitamos acreditar e despois teremos a capacidade de convocar máis prazas”.

Torrado valorou hoxe que o conselleiro “admitira por fin que facer unha convocatoria extraordinaria de prazas non é posible” ata non teñan dado o paso previo, porque entón o goberno central estaría obrigado a suprimir a convocatoria actualmente en marcha. Por iso, dixo, na última convocatoria “foron concedidas tódalas prazas solicitadas, e a Xunta non solicitou máis sinxelamente porque non podía”.

Criticou a redución de prazas de médicos imposta polo PP durante os 7 anos de goberno de Rajoy, cando “dicían que non necesitabamos máis médicos e a ministra tiña unha pila enorme de peticións sen resolver”. Afeoulle que logo de 7 anos de compracencia co goberno central, “pretendan que o goberno de Pedro Sánchez resolva esta situación en apenas 7 meses”.

Condicións laborais

O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego mellorar as condicións laborais dos pediatras actualmente en exercicio para salvar o “problema de entrada de pediatras ao sistema”. Acusou ao goberno galego de “botar aos que están traballando ao explotalos e maltratalos laboralmente” traballando “por non resolver e acrecentar o problema”.

Torrado adiantou que de cara ás eleccións municipais “van aparecer con pediatras novos onde se pode, cuns niveis de substitución de persoal que vai parecer Jauja, pero xa lle anticipo que o 27 de maio –despois das eleccións locais- van empezar a desaparecer de novo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08