Categorías: Actualidade

A Xunta provoca unha Lexislatura de barbecho industrial en Galicia

A portavoz de Industria do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe ao goberno galego de provocar unha “Lexislatura de barbecho industrial en Galicia” en plena crise pola descarbonización. Rodríguez Rumbo criticou que o goberno galego ten paralizado as súas iniciativas a favor da industria galega mentres se limita a “criticar por terra, mar e aire” ás iniciativas do goberno central.

A parlamentaria socialista realizou estas declaracións no debate dunha moción socialista presentada no Pleno do Parlamento na que lle afeou a paralización da Oficina Doing Business, anunciada en 2016 supostamente dedicada a fomentar a implantación de empresas en solo industrial, pero que logo de catro anos continúa conxelada. A proposta socialista, dirixida a reactivar esta ferramenta, foi rexeitada polo PP.

Rodríguez Rumbo lamentou que, durante toda unha Lexislatura, o único que fixera o goberno galego fora “anunciar o nacemento da iniciativa, sinalar as súas funcións, informar da dependencia orgánica, presentar unha Lei contendo o anuncio, pero en realidade non teñen feito nada”. Advertiu que mentres o goberno galego “nos conta contos”, o número de sociedades constituídas en Galicia reduciuse dende as 4.571 de 2016 a 4.062 en 2018 e apenas 2.850 no que vai de 2019.

Reprochoulle ademais á Xunta que por mor desta iniciativa teña obrigado aos concellos a modificar o seu réxime fiscal bonificando ás empresas, eliminando taxas ou reducindo prezos de solo empresarial a cambio de incluírse nun Censo de solo empresarial que teoricamente viña incluído nesta iniciativa pero que dous anos e medio despois de anuncialo segue sen poñer en marcha.

Begoña Rodríguez Rumbo resumiu neste sentido que “a Xunta conta contos mentres obriga aos concellos a facer contas” ofrecéndolles unha suposta discriminación positiva nas subvencións para obradoiros de emprego, apoio a parques empresariais, viveiros industriais e axudas ao emprendemento que nunca chegan.

A proposta socialista pedíalle á Xunta que publicara na web da Consellería de Industria o censo de solo industrial de Galicia, así como as propostas de actuación nos parques empresariais e os informes elaborados polo Observatorio de Solo Empresarial de Galicia. Tamén lle daba un prazo dun mes para facer públicos os polígonos industriais adheridos ao Plan de Banda Larga de Galicia.

Vulcano

A moción debatida hoxe incluía tamén pedirlle ao goberno galego que faga “tódalas actuacións necesarias” para impedir o cambio dos usos dos terreos de Vulcano, en réxime de concesión, logo de que o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, anunciara a súa intención de exercer o dereito de tanteo na subasta dos terreos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04