Categorías: Actualidade

A Xunta presenta unha Lei de Museos “inadecuada e inadmisible” como “mero acto propagandístico”

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, alertou hoxe fronte á Lei de Museos de Galicia, que comezou o trámite parlamentario co único voto do PP e que ven lastrada por “demasiadas eivas e demasiados baleiros”. O Grupo Socialista explicou o seu rexeitamento a un texto que “pode provocar indefensión xurídica” e está concibida para “eximir á Xunta de obrigas”.

A responsable socialista cualificou o texto de “inadmisible” por canto “naceu como acto propagandístico da Xunta, pero non para organizar o noso patrimonio museístico nin para lexislar aos museos como garantes da memoria colectiva”. Criticou a iniciativa dun goberno unicamente preocupado por cubrir o expediente e sumar unha Lei mais pero que renuncia a garantir a maior protección do patrimonio cultural galego.

O proxecto de Lei está pensado, dixo, para eximir á Xunta de obrigas de impulso, fomento nin apoio aos centros museísticos que non sexan da súa xestión, mentres si que revela a “vontade de intromisión da Xunta de Galicia na autonomía das outras administracións públicas. Unha “vontade de dominar o sistema” que cristaliza no Consello de Centros Museísticos, composto por membros nomeados pola Xunta pero que exclúe ao Consello da Cultura Galega ou aos concellos.

Sinala ademais que a norma resulta innecesaria por canto os museos estaban xa regulados pola mesma Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, que dedicaba a estas entidades o seu Título VIII, prevendo un desenvolvemento regulamentario que nunca foi encetado polo goberno galego.

Consello da Cultura Galega

Noa Díaz alertou ademais da decisión do goberno galego de excluír totalmente ao Consello da Cultura Galega deste proxecto de Lei, por canto “non se atopa na relación de órganos e entidades que traballaron na elaboración do texto, e ao que a Xunta se gardou de pedirlle ningún tipo de informe sobre a nova Lei.

A responsable socialista apuntou ao CCG como a entidade que “mellor podía informar e corrixir esta Lei” por canto, lembra, “conta cunha sección de traballo especializada en patrimonio e bens culturais, así como moita experiencia no estudo dos museos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04