Categorías: Actualidade

A Xunta presenta unha Lei de Administración dixital con irregularidades e un suposto de nulidade

O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, pediu hoxe a devolución da Lei de Administración Dixital presentada polo Goberno galego. O responsable socialista explicou que a Xunta incumpre a obriga de incluír coa lei o ditame do Consello Económico e Social, co que sitúase nun “suposto de nulidade de procedemento”, malia o que a Lei continuou o trámite parlamentario co voto do PP.

Os socialistas presentaron unha emenda de devolución no debate de toma en consideración deste proxecto de Lei, que tivo lugar hoxe no Parlamento, e que foi rexeitada polo PP, co cal o texto comezou co seu trámite parlamentario.

Díaz Villoslada acusou á Xunta de obviar a advertencia da Asesoría Xurídica da Xunta, que advertía sobre a necesidade do dito informe no anteproxecto de lei. Sinalou a gravidade de prescindir do CES cando se trata “dunha actividade vinculada ao desenvolvemento económico e social de Galicia” e lembrou que se trata “dun suposto de nulidade do procedemento e unha vulneración flagrante das competencias consultivas dun órgano estatutario de Galicia”.

Villoslada sinalou que este proxecto de lei trátase de “máis propaganda” é de ser “papel mollado” pola falta dun marco previo que o Consello da Xunta plantexou para a Estratexia dixital de Galicia 2030. Acusou ao Goberno dunha “alarmante incapacidade” nos seus proxecto lexislativos e de “chegar con retraso” ao traer agora ao Pleno un proxecto de lei de administración dixital que xa fora anunciado para os Plans normativos de 2017-2018.

O deputado socialista pediulle á Xunta que “pase dunha vez á acción” e que “consigne os orzamentos necesarios” para impulsar a dixitalización do sector público galego e a súa economía. Sinalou a necesaria aposta polas políticas de I+D coa “máxima garantía dos dereitos dos cidadáns” e lembrou que a “ciencia actual está en continuo avance e é necesario dar un paso cualitativo na prestación de servizos electrónicos universais e de calidade á cidadanía”.

Propuxo “un necesario catálogo de dereitos da cidadanía nas súas relacións dixitais có sector público autonómico” e lembrou que agora “este catálogo está baleiro”. Villoslada sinalou que a “dixitalización non pode implicar a deshumanización nas relacións dos servizos públicos cos cidadáns” e lembrou que “os empregados públicos deben reforzar as garantías de non exclusión das persoas máis vulnerables tamén no contexto dixital”.

Concellos rurais

Reclamoulle ao Goberno que “non afronten de forma contundente a implicación do ámbito dixital cós concellos e especialmente cós de carácter rural”. Sinalou que a non implicación con estes concellos “afondará na perda de oportunidades e no despoboamento do interior” e reclamoulle á Xunta que este proxecto de lei “non sexa o suficientemente ambicioso” para a economía dixital de Galicia “a pesar das reiteradas manifestacións neste sentido da AMTEGA”.

Díaz Villoslada sinalou ademais que o informe CAE 2018 sobre Administración electrónica nas CCAA “situou a Galicia como a peor na utilización de tecnoloxías innovadoras en proxectos ou en dispoñibilidade da carpeta cidadá a pesar de ser un dos aspectos fundamentais desta lei”. Lembrou ademais un informe do BBVA de 2017 sobre a dixitalización das CCAA que “outorga a Galicia a penúltima posición na adopción da dixitalización por empresas e usuarios” o que deixa en claro a incapacidade deste Goberno.

Villoslada fixo referencia ao informe anual de cobertura de banda larga de 2018 que sitúa a Galicia na penúltima posición en cobertura poboacional a 100 ou máis Mbps cando en xullo de 2018 a directora da AMTEGA anunciou que “a cobertura de internet ultrarrápida estará presente no 96% dos concellos”. Reclamoulle tamén ao Goberno a falta de compromiso có software libre “como ferramenta de transformación social que fomenta a igualdade, participación e solidariedade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04