Categorías: Actualidade

A Xunta pavimenta tramos protexidos do Camiño de Santiago

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe ao goberno galego de ter pavimentado tramos protexidos correspondentes ao Camiños Francés e a Vía Primitiva. A responsable socialista presentou no Pleno do Parlamento unha proposición non de Lei para investigar as denuncias das asociacións de amigos do Camiño e incrementar a protección deste patrimonio cultural.

Burgo presentou hoxe na Cámara as denuncias do Foro do Camiño Primitivo, integrado por 30 asociacións, investigadores e entidades defensoras deste patrimonio, que denunciaron a destrución da Vía Primitiva entre os lugares de Vilardongo e Pedrafitelas, en A Fonsagrada. Tamén aludiu á denuncia da Fraternidad Internacional del Camino de Santiago, que deu a alarma polas obras realizadas no Camiño Francés, en Sarria e Paradela.

Acusou ao goberno galego de converter tramos protexidos en pistas forestais “moito máis sinxelas de manter” pero a costa de destruír un trazado milenario. Criticou que a Xunta “dedícase tan só a contar peregrinos mentres nos cargamos o patrimonio de todos”. Advertiu que “a base de estropear o Patrimonio o que imos é acabar totalmente co Xacobeo” e lembrou que a Lei de Patrimonio apunta á Xunta como “máxima responsable do coidado e protección do patrimonio”.

Resumiu deste xeito as intervencións de “acondicionamento” destes tramos, que foron “confundidas” polo goberno galego coa alteración do trazado, pavimentación, instalación de drenaxes de formigón, alteración do ancho da calzada, cunetas, acequias ou a retirada de pedras de muros.

Patrimonio

Concepción Burgo instou ao goberno galego a atender ás denuncias realizadas por estas asociacións investigando as actuacións e obras que teñen sinalado. Ademais, reclamou que sexa a Dirección Xeral de Patrimonio quen supervise todos os proxectos e as obras de acondicionamento e mellora ques e realicen nos Camiños de Santiago previamente autorizados.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08