Categorías: Actualidade

A Xunta non fai “absolutamente nada” para aprobar o Plan de Fomento do Libro e da Lectura, pendente dende hai unha década

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe á Xunta de incumprir a Lei do libro e da lectura de Galicia, aprobada por unanimidade en 2006 e que inclúe a obriga de consensuar e presentar un plan de fomento do libro e da lectura. Burgo presentou unha proposición non de Lei en Comisión para lembrarlle esta obriga ao goberno galego, pero que foi vetada polo PP evidenciando que “non están facendo absolutamente nada”.

A responsable socialista urxiu ao goberno galego a destinar “medidas e orzamentos” para impulsar a lectura en galego cumprindo coas súas competencias exclusivas e para mudar dunha vez o descenso dos orzamentos destinados ao apoio da industria editorial, que se reduciron á metade dende 2009. Criticou que o goberno galego “anuncie” pero non presente o documento, mentres o PP “preocúpase moito de dicir que están comprometidos, pero non que estean elaborando o plan”.

Concepción Burgo advertiu que “a súa linguaxe nunca é inocente”, e agocha a absoluta falla de compromiso do goberno galego coa industria editorial e polo tanto coa lectura en galego, que leva a esta Comunidade Autónoma a rexistrar “un dos peores niveis de hábitos de lectura do Estado”. Así o dixo logo de presentar os datos do barómetro de hábitos de lectura correspondente ao ano 2018 elaborado polo Gremio de Editores de España.

De acordo con estas cifras, Galicia atópase “por debaixo da media estatal en tódalas realidades medibles en torno ao libro”. Os galegos e galegas non chegan á media en porcentaxe de lectores en tempo libre –cun 59,6 por cento fronte ao 61,8 do Estado-, e mesmo está dez puntos por debaixo da mellor situada, que é Madrid.

Galicia tamén ocupa os últimos lugares na listaxe de compra de libros no último ano, e ten a segunda peor valoración global das bibliotecas de todo o Estado, o que ten “moito que ver coa política de recortes de Feijóo e a inexistencia de accións positivas en torno ás bibliotecas”. Ademais, só o 4 por cento dos galegos e galegas manifestan que prefiren o galego como idioma de lectura, fronte ao 34,9 dos cataláns e debaixo mesmo do 5,4 por cento do euskera.

Burgo sinalou ademais que a falla de libros en galego é precisamente o que alegan o 33,7 por cento dos enquistados como motivo para preferir o castelán, o que deriva “do que está a pasar coa industria editorial e a falla de apoios do goberno galego”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04