Categorías: Actualidade

A Xunta non aposta pola homologación do Camiño dos Faros

O parlamentario socialista Martín Seco vén de reclamarlle á Xunta que traballe por desbloquear a homologación do Camiño dos Faros, un percorrido turístico de 200 quilómetros de costa entre Malpica e Fisterra. Seco presentou unha pregunta oral en Comisión para reclamarlle ao goberno galego que de solucións á iniciativa da Asociación Camiño dos Faros, dos 9 concellos que percorre e das entre 15 e 20.000 persoas que o percorren cada ano.

O responsable socialista alerta das posibles “motivacións políticas” que están a dificultar a homologación como ruta de gran recorrido permitindo iniciar a xestión, protocolo de limpeza, sinalización, medidas de seguridade ou control medioambiental. Explica que a Asociación promotora do percorrido ten respondido en maio de 2019 á petición dun estudo de impacto ambiental que lle trasladou o goberno galego, pero levan máis de 17 meses agardando pola resposta.

Seco explicou que a situación te chegado a un punto en que, á vista dos atrancos atopados e despois de 8 anos de traballo, a Asociación ten decidido desvincularse da figura de promotor e desistir da homologación. Así o fixeron, explicou o parlamentario socialista, despos de que a entidade advertira que os inconvintes e problemas para a homologación da súa homologación como ruta de gran recorrido “non son de trazado, senón por motivacións políticas”.

Así, explica que o trazado atravesa 1.532 leiras privadas, e só rexistra problemas cos titulares de dez delas. Explicou que, ademais, a federación galega de montañismo esixe un máximo do 10 por cento de asfalto non urbano nunha ruta que ten o 11,5 por cento, menos do 20 por cento que require a normativa europea e menos tamén do roteiro panorámico de Vigo, que si ten sido homologado cun 33 por cento de percorrido por asfalto.

Reclamou vontade política para salvar estes “pequenos problemas” tanto de trazado como de carácter medioambiental, por canto o estudo ambiental realizado sinala que “ningunha das accións levadas a cabo danarían o medio natural ou as especies autóctonas de cada espazo”. Mentres a Xunta de Galicia fala de seguridade, deixa precisamente que os miles de cidadáns que acuden a dita ruta o fagan en condicións non reguladas, ante os seus ollos.

Mesa de Traballo

O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que constitúa unha Mesa de Traballo coa Deputación de A Coruña, os alcaldes dos 9 concellos polos que transcorre o Camiño, a Asociación de turismo da Costa da Morte e a Asociación Camiño dos Faros. O obxectivo debe ser, dixo, “conseguir a homologación do Camiño como ruta de gran recorrido e planificar o futuro dunha actividade de vital importancia para Bergantiños e a Costa da Morte”.

Reclamoulle ao goberno galego o máximo esforzo para regularizar unha ruta que se ten consolidado en toda Europa, onde é comercializada por axencias de Inglaterra e Alemaña e aparece en máis de 50 folletos de touroperadores, e ten aparecido en publicacións como Forbes ou o Washington Post, que lle dedicou unha portada”, e goza dunha importancia crecente para o turismo dunhas comarcas “esquecidas polo goberno galego”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08