Categorías: Actualidade

A Xunta incumpre co mandato parlamentario para estudar a poboación de ourizo de mar na Mariña e Ortegal

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, acusou hoxe ao goberno galego de incumprir co mandato parlamentario para estudar o impacto na poboación de ourizo da Mariña e Ortegal da extracción mediante mergullo con aire asistido dende a superficie. Otero presentou hoxe unha pregunta oral en Comisión parlamentaria diante das protestas das confrarías, que se ven prexudicadas por esta nova modalidade extractiva.

Otero lembrou que o acordo parlamentario para pedirlle ao goberno galego unha nova mostraxe imparcial e aleatoria data do pasado mes de marzo, dende o que deixaron pasar un verán con condicións climatolóxicas óptimas e a pesares do cal renunciaron a realizar o dito estudo. Advirte que deste xeito obrigan a aprazar as mostraxes ata o próximo verán, co que o próximo plan de explotación terá que ser asumido sen ter en conta as conclusións do dito estudo.

A parlamentaria socialista reclamou unha mostraxe aleatoria logo de que, tal e como denuncian as confrarías implicadas, a anterior fora realizada dende as embarcacións dos adxudicatarios da explotación do recurso con esta nova modalidade e nos lugares escollidos por eles mesmos. Chamou así a evitar que se repitan os episodios de escaseza deste recurso, evitando a sobreexplotación e o peche temporal obrigado dos bancos do equinodermo.

Hoxe hai 29 mariscadores a pé cun tope de extracción de 50 quilos diarios, co que retiran 1.480 quilos ao ano, ademais de que dependen ademais das mareas e da situación atmosférica. Sen embargo, hai 2 lanchas con 4 mergulladores que ademais de que non dependen das mareas e son menos sensibles ás condicións atmosféricas, poden retirar 80 quilos diarios por persoa, o que eleva a extracción a 6.480 quilos ao ano.

A parlamentaria da Mariña sinalou que “non estamos a pedir que se prohiba esta modalidade de extracción, senón que se faga unha mostraxe obxectiva e, en función dos resultados, decidan se a autorización de mergullo é factible ou non”. Reclamoulle ademais ao PP que “expliquen por que agora autorizan unha modalidade de recollida da especie que antes criticaban”.

Lembrou así ás iniciativas presentadas polo ex parlamentario do PP José Manuel Balseiro, que en 2011 e 2012 alertara do impacto negativo na especie das novas fórmulas de mergullo. A parlamentaria socialista explicou que o ourizo hoxe non se atopa en perigo, pero vén de sufrir etapas de peche, e a autorización desta modalidade de extracción pode esgotalo e prexudicar aos mariscadores a pé.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41