Categorías: Actualidade

A Xunta evidencia o “fracaso, falla de planificación e improvisación” no inicio do curso

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, dixo hoxe que o aprazamento na volta ás aulas en Secundaria “é o recoñecemento do fracaso, da falla de planificación e da improvisación do goberno galego”. O responsable socialista dixo que o goberno galego “tiña que atender á petición dos directores” dos institutos, e reclamou “a volta ás aulas con tódalas garantías”.

Arangüena, que compareceu hoxe xunto coa deputada Paloma Castro, dixo que “non pode ser” que tomaran esta decisión o venres anterior ao inicio das clases logo de pasar os meses de verán facendo caso omiso das advertencias. Lembrou que cando “todo o mundo visualizaba o problema” da falla de planificación para a volta ás aulas, ata o punto de que os directores dos centros tiveran que plantarse e trasladarlle unha reclamación conxunta para aprazar o comezo do curso.

“O descontrol na volta dos centros educativos demostra que non hai ninguén á fronte de Educación”, dixo o responsable socialista logo de constatar a improvisación deste novo golpe de timón. Esta únese ao descabezamento, onte, de toda a cúpula de Educación que, sinalou Arangüena, “semella que pasaran o verán na praia –en lugar de planificando a volta ao curso-”, á que lle seguiu a constitución dun novo comité, o que “confirma que non fixeron nada en meses”.

Dixo que “onte máis de 100.000 escolares volveron ás aulas sen que a Xunta planificara adecuadamente nin consensuara o seu protocolo nin cos sindicatos, nin coas Anpas, nin cos centros nin cos concellos”.

Esgótanse os adxectivos

Cualificou a xestión do goberno galego de “improvisación, chapuza, descontrol, desleixo, neglixencia… esgótanse os sustantivos e os adxectivos”, dixo, mentres Feijóo presume dunha volta ás aulas “normal” cando “a situación que temos reflicte a máis anormal volta ás aulas das nosas vidas”. Así se ten demostrado esta semana no inicio do curso en Primaria, unha situación de “descontrol” que mesmo podería “non ser nada” diante da situación en Secundaria.

Pablo Arangüena sinalou que “ninguén sabe” a día de hoxe dos novos profesores que ía contratar o goberno galego e dos que non hai “nin rastro”, mentres Feijóo elude explicar “que fixo cos 93 millóns de euros finalistas entregados polo goberno de España para Educación” cos que Galicia podería contar con 1.000 mestres a maiores.

Denunciou que o nivel de improvisación do goberno galego chega ao punto de que “os profesores estaban recibindo onte indicacións verbais dunha nova inminente modificación dos protocolos, coa incorporación de mamparas que non sabemos quen vai pagar”. Mentres tanto, dixo, “ninguén sabe se se fixeron as PCR entre o profesorado nin cal foi o resultado en caso afirmativo”.

Libros gratuítos

O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que atenda ao decálogo de propostas para o inicio de curso presentadas hai semanas polos socialistas galegos, e que recuperen a gratuidade dos libros de texto precisamente cando o cambio de editoriais en diversos grupos obriga ás familias a asumir o total dos entre 200 e 250 euros de custe en material por cada neno ou nena.

Reclamoulle ao goberno galego ademais que garanta mascarillas gratuítas para os escolares e apoio económico cando as familias o están pasando mal pola crise económica derivada do impacto da pandemia.

Advertiu que a situación actual deriva da descapitalización do ensino público e dos recortes aplicados nos servizos sociais nos 11 anos de goberno de Feijóo, con 117 millóns de euros menos para Educación que no ano 2009 sen descontar a inflación. Sinalou que esta mesma semana a Asociación Estatal de Xerentes de Servizos Sociais de Galicia situaba a Galicia como quinta autonomía que menos investiu en recuperar o gasto social dende 2010.

O responsable socialista reclamoulle ao presidente da Xunta que “deixe de facer escapismo” coas súas responsabilidades en Educación” e exerza as competencias en educación “que ten Galicia e que custou moito acadar”, apelando ás teses do libro do socialista galego Ceferino Díaz no seu libro “A esforzada conquista da Autonomía”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08