Categorías: Actualidade

A Xunta desenténdese do Plan de Sinalización de Bateas

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero Rodríguez, denunciou que a Xunta “segue sen tomar medidas contundentes para garantir a seguridade marítima nas nosas rías e a Xunta segue botando balóns fóra. Así o dixo do debate dunha pregunta oral, hoxe en Comisión Parlamentaria, para coñecer os avances no Plan de sinalización de bateas acordado en 2015.

A responsable socialista explicou que o Plan de Sinalización de Bateas constitúe un claro exemplo de como a Xunta incumpre sistematicamente os acordos parlamentarios, así como aos seus propios anuncios e compromisos que lonxe de executarse vense que son anuncios meramente propagandísticos. Lembrou que a sinalización das bateas e portos foi obxecto dun acordo parlamentario en 2017 e 2019, pero que aínda así foi “esquecido” polo goberno galego.

Otero alertou “do perigo potencial dos en torno a 3.300 artefactos que se estimaba que flotaban nas rías galegas” no ano 2015, co que o goberno da Xunta comprometérase a rematar o Plan de sinalización de bateas para o ano 2017 pero a día de hoxe segue sen estar finalizado.

A parlamentaria socialista considera “escusas de mal pagador” que o goberno galego se escude nunha suposta complexidade do proxecto e o gran número de actores que interveñen na súa realización.

No ano 2017 acadárase un novo prazo por parte dos populares para o cumprimento do Plan. Afirmaban que en 3 anos o proxecto estaría rematado pero a día de hoxe seguen sen darse pasos importantes de cara a súa consecución.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08