Categorías: Actualidade

A Xunta demostra que “carece dunha verdadeira capacidade de negociación colectiva”

O portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, cuestionou esta mañá na comparecencia do Conselleiro de Facenda  o acordo firmado con CCOO e UGT, ao que lle ve “moitas sombras” e “carente dunha convencida capacidade de negociación colectiva”. Tamén rebaixou o triunfalismo do conselleiro ao afirmar que “o que foi histórico foi o destrozo de Feijoo ao sector público galego”.

O deputado socialista falou de que este acordo nace froito dunha “presión social” que “obriga ao goberno de  Feijoo a rectificar novamente” , igual que coma nos casos da  xustiza ou dos axentes forestais, a súa política de adelgazamento que buscaba que o sector pública ocupase unicamente o 38% do PIB, un 5% menos que a media europea.

O parlamentario socialista falou das “sombras” dun acordo que componse maioritariamente de “normativa básica” e con “carece de compromiso claro en cuestións clave” coma por exemplo no ámbito da xornada de traballo e a conciliación onde se fala de “posibles novos acordos” ou nos fondos adicionais, os cales non teñen concretado onde se van destinar.

Díaz Villoslada explicou que se os funcionarios van ver mellorada a súa situación é grazas ao Decreto aprobado polo goberno de Pedro Sánchez que supuxo unha subida dos salarios, poñendo fin as políticas levadas a cabo dende o ano 2012 polo goberno de Rajoy, as cales tiveron en Galicia o maior recorte ao salario do emprego público.

O representante socialista criticou a forma “orweliana” na que a Xunta fala neste acordo dos recortes sufridos polos funcionarios pois falase de que os “funcionarios axudaron a cadrar as contas” e esta forma de falar pode “levar a erros” pois na realidade “o persoal autonómico sufriu os recortes” de forma “clara e evidente”

O portavoz socialista aclarou que as organizacións sindicais teñen os seus argumentos pero que lamentablemente o acordo non era o suficientemente amplo como para afrontar cuestións moi relevantes da carreira funcionarial, ao non ter a lexitimidade suficiente.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08