Categorías: Actualidade

A Xunta deixou sen executar 111 dos 160 millóns de euros en infraestruturas para xestión da auga entre 2016 e 2018

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Luis Álvarez, denunciou hoxe a “xestión nefasta” dos recursos da Xunta para a auga, alertou de que Augas de Galicia tan só executou 49 millóns dos 160 previstos para investimentos entre 2016 e 2018. Así o dixo no debate de totalidade da Lei de garantía de abastecemento nos episodios de seca, que comezou hoxe o trámite parlamentario.

O responsable socialista advertiu que Augas de Galicia, o organismo do goberno galego que xestiona este recurso, deixou sen executar un total de 111 millóns de euros dos que tiña dispoñibles entre 2016 e 2018, tal e como revela a conta xeral do goberno galego. Ademais, sinalou que os poucos investimentos que si executa o goberno galego sofren un “alto grao de opacidade” ao ser realizados sen criterio nin planificación coñecidos.

Álvarez cuestionou hoxe a política de abastecemento e depuración de augas do goberno galego, amparada na Lei de Augas de 2010 que, dixo, coa Lei que comeza hoxe o trámite parlamentario sumará xa 37 cambios normativos a través de 9 leis distintas en tan só 9 anos. Denunciou o desleixo do goberno galego, que ten sen regular o ciclo integral da auga, as traídas ou as tarifas, tampouco potenciaron o pacto local da auga.

Tamén teñen sen redactar as instrucións técnicas de abastecemento e depuración, e aínda non foron quen de desenvolver un “modelo único financeiramente sostible en materia de depuración da auga. Tampouco puideron mellorar a eficiencia da xestión de infraestruturas hidrolóxicas nin a estratexia de xestión de zonas inundables.

Pobreza hídrica

Álvarez sinalou a necesidade desta normativa para “prever chegar a unha situación de pobreza hídrica”. Instou polo tanto a unha planificación hidrolóxica e unha “xestión adecuada á normativa marco da auga” que “cumpra cos obxectivos e garanta suficiente auga potable a medio e longo prazo fronte ás secas cada vez máis intensas e frecuentes, así como unha “xestión integral eficiente dos recursos hídricos”, incorporando o valor ambiental da auga e os sistemas fluviais.

O responsable socialista defendeu á auga como “elemento potenciador, dinamizador e de cohesión do territorio e desenvolvemento territorial”. Chamou a modernizar a rede de abastecemento, modernizar o tratamento de auga potable tamén a través de acordos entre concellos. Reclamou o cumprimento da normativa comunitaria para homoxeneización do sistema tarifario do ciclo da auga e unha maior progresividade no cobro do canon da auga.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08