Categorías: Actualidade

A Xunta deixa sen executar 305 millóns de euros para asentamento de poboación e desenvolvemento do rural

A portavoz de Facenda e Política Municipal do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe á Xunta de deixar sen executar un total de 305 millóns de euros correspondentes a programas relacionados co desenvolvemento do rural e asentamento poboacional dende 2016. A responsable socialista presentou unha pregunta oral na que sinalou o “fracaso” da “Lexislatura do Rural” que ten anunciado Feijóo en 2016.

A responsable socialista aludiu así aos datos de execución orzamentaria do programa 712A, Fixación de Poboación no Medio Rural, no que deixaron sen executar 29 millóns de euros dende 2016, e dos programas de Actuacións e Valorización do Medio Rural e Dinamización Económica do Medio Rural, nos que deixaron sen executar 276 millóns de euros dende 2016.

Rodríguez Rumbo sinalou que estes datos “desmenten as declaracións de Feijóo cando anuncia a Lexislatura do Rural, así como a idea de bo xestor e a política de publicidade e propaganda do PP”. Explicou que o seu Plan para fixar poboación no rural en realidade é “a recollida de partidas orzamentarias que xa existían, xuntas nun papeliño e algunhas delas incluso recurtadas”, para dificultar o seguimento orzamentario.

A consecuencia, dixo, é que de acordo coa EPA, o sector da Agricultura perdeu 19.600 ocupados dende 2009, que foron 3.500 dende a posta en marcha do “suposto Plan” para fixar poboación no rural. Criticou que “hoxe somos menos, temos unha Galicia máis envellecida, a maior parte do emprego novo é precario, falla o apoio aos sectores produtivos e perdemos servizos no rural, sinaladamente transporte, comunicacións, sanidade e educación.

Galicia ten hoxe, logo de dez anos de goberno de Feijóo, 95.000 persoas menos, con 220.000 menores de 40 anos que teñen marchado e onde unha de cada catro persoas é maior de 65 anos e, en definitivo, a terceira Comunidade Autónoma con menor crecemento vexetativo de España, perdendo 13.517 habitantes.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18