Categorías: Actualidade

A Xunta debe regular as augas termais como dominio público para garantir a súa seguridade xurídica

A portavoz de Industria do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, reclamoulle hoxe á Xunta tratar tamén ás augas termais como de dominio público para unificar criterios legais garantir a maior seguridade xurídica. Así o dixo no debate en Comisión da Lei de aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia, que hoxe aprobou o ditame de ponencia antes do seu debate final en Pleno.

A responsable socialista advertiu que sería “moito máis acaído afrontar unha modificación integral da Lei de Augas Termais e minerais” para incluír os usos lúdicos que facer unha norma específica. Criticou que o PP “rexeita considerar toda auga como un ben público” incidindo no “erro grave que debera corrixirse de que a Lei de Minas regule estas augas”.

Rodríguez Rumbo criticou ademais a falla de “afán negociador” por parte do PP, que “despreza o labor da oposición” ao incluír tan só 9 emendas das 70 presentadas polos socialistas galegos, todas elas “froito das xuntanzas cos actores implicados na Lei, como son o sector, os expertos e os concellos afectados, os grandes esquecidos polo goberno galego”. O PP aceptou un total de 28 emendas da oposición do total de 180 que foron presentadas.

Plan de Turismo Termal

A parlamentaria socialista afeoulle ao grupo do PP que rexeitara as emendas socialistas para obrigar á Xunta a elaborar un Plan de Turismo Termal, nun prazo de 6 meses, como mecanismo fundamental para poñer en valor o aproveitamento turístico e lúdico deste recurso.

Os socialistas tamén pedían un informe vinculante de Sanidade para declarar as augas como aptas para aproveitamento lúdico, ademais de obrigar a acreditar se este tipo de explotación prexudica a este recurso en cada caso. Ademais, tamén incluían unha emenda para que calquera explotación que no obtivera a autorización habilitante fora considerada ilegal, que tamén foi rexeitada polo PP.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41