Categorías: Actualidade

A Xunta debe ofrecer “colaboración activa” para aplicar a lexislación sobre eutanasia e morte digna

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, apelou hoxe á “colaboración activa” da Xunta na aplicación en Galicia da lexislación estatal sobre eutanasia e morte digna. A responsable socialista presentou unha serie de iniciativas nas que tamén reclama un informe público sobre o cumprimento da Lei galega de Dereitos e Garantías da Dignidade das Persoas Enfermas Terminais, aprobada en 2015.

Vilán e o portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, presentaron esta iniciativa para urxirlle ao goberno galego a dotar ao Sergas dos recursos “materiais e humanos” necesarios para “adecuar a súa dispoñibilidade en consonancia coa lexislación que fose aprobada sobre morte digna e eutanasia no contexto estatal”.

Así o sinalan logo de lembrar que este mesmo ano foi aprobada, co voto en contra de Vox e do PP, a Proposición de Lei Orgánica de regulación da eutanasia, proposta polo PSOE. O texto pasou o seu primeiro trámite no mes de setembro ao ser aprobada a súa toma en consideración, no que supuxo, sinala, “un chanzo máis” no camiño de “darlle unha resposta xurídica, sistemática, equilibrada e garantista á demanda da eutanasia”.

Os parlamentarios socialistas apuntan que “deputadas e deputados debemos lexislar para respectar a dignidade, a autonomía e a vontade de poñer fin á vida de quen está nunha situación que o remita a esixir esta elección como un dereito”.

Instan así ao goberno galego a activar “de maneira áxil e resolutiva” os “mecanismos necesarios para adaptar a lexislación estatal á realidade do sistema público de saúde de Galicia, garantindo así o exercicio do dito dereito cando fose recoñecido”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41