Categorías: Actualidade

A Xunta debe mediar para conseguir un plan de viabilidade para Muebles Hermida

A parlamentaria socialista Patricia Otero esixiulle hoxe á Xunta que “medien para garantir os postos de traballo” de Muebles Hermida e garantan un plan de viabilidade que permita manter a actividade da empresa. A responsable socialista presentou unha pregunta oral diante do Pleno do Parlamento na que lle esixiu ao goberno galego que “non sexan meros espectadores”.

A parlamentaria luguesa instou ao conselleiro de Industria que “non se sente a agardar a que o problema se solucione”, e lembrou que a que foi un dos 10 principais fabricantes de mobiliario a nivel nacional hoxe segue a ser a principal empresa do Concello de Lourenzá e que da traballo a 100 familias da Mariña que levan xa 4 meses sen cobrar.

Otero instou á Xunta a intervir para garantir o dito plan de viabilidade “poñendo por diante como condición irrenunciable o pago dos salarios atrasados”. Apuntou que “o goberno galego algo terá que dicir e facer” nesta situación logo de terlle concedido “cuantiosas axudas públicas á empresa” e reclamoulle ao conselleiro que “vele por que os millóns de axudas do Igape non sexan en balde”.

A responsable socialista levou ao Parlamento de Galicia a preocupación dos traballadores e traballadoras da empresa e do propio Concello de Lourenzá, que o pasado 2 de decembro acordou por unanimidade amosar todo o seu apoio aos afectados e recabar a implicación das distintas administracións autonómica e provincial.

Reclamoulle ao goberno galego que “fagan seguimento das axudas públicas que reciben empresas como Muebles Hermida para que non caian en saco roto e garantan a viabilidade, o mantemento da actividade e os postos de traballo na comarca da Mariña”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04