Categorías: Actualidade

A Xunta debe escoitar á cidadanía de Lugo e cumprir co seu compromiso de situar o Museo da Romanización no Cuartel de San Fernando

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, esixiulle á Xunta que “escoite á cidadanía de Lugo” e cumpra coa súa promesa de habilitar o Cuartel de San Fernando para que poida albergar o Museo da Romanización. Burgo criticou a “falla de credibilidade política” do PP, que hoxe vetou unha proposición non de lei do Grupo Socialista para retomar o proxecto de construción do museo no Cuartel de San Fernando.

A deputada socialista apelou ao amplo respaldo social a este proxecto, con 120 asociacións cidadás e culturais reivindicando o museo no Cuartel de San Fernando, que mesmo foi respaldado polo PP no Concello e mesmo no Parlamento de Galicia “ata que ordenaron que xa non”. Criticou que o goberno galego teña mudado a súa postura para pedir agora un Parador de Turismo no dito inmoble.

Advertiu que a proposta constitúe “fume co que están enredando coma sempre e aproveitando para atacar a un goberno” cun proxecto que “non era necesario cando gobernaba Rajoy” e que nin sequera conta co respaldo de Paradores de turismo. Advertiu que “non podemos ter como museo 4 vitrinas nos corredores dun Parador e nunha infraestrutura que non é adecuada”, polo que esixiu que deixen de lanzar “unha mentira tras outra” e “cumpran co que prometeron”.

Aludiu así a que o conselleiro de Cultura falou a finais de 2019 dun “novo proxecto” que pretende converter o cuartel de San Fernando nun “parador-museo” e converter o Museo Interactivo de Historia de Lugo no museo da Romanización. Advertiu que aquela infraestrutura “non é a adecuada” para albergar o centro de investigación, conservación e rehabilitación para os “milleiros de pezas históricas que teñen aparcadas en almacéns e mesmo sen catalogar”.

Un museo moderno e digno

Burgo alertou que o MIHL “ademais de ser de propiedade municipal, non é en absoluto un museo do tipo que tería que ser o Museo da Romanización” e sinalou que conselleiro de cultura “está pensando nun tipo de museo decimonónico”, en lugar dun museo moderno que tamén sexa un centro referente en “conservación, rehabilitación, custodia e investigación do patrimonio galaico romano”.

A responsable socialista remarcou que este museo é unha oportunidade única para a cidade de Lugo que pode ver impulsada a súa actividade turística e económica sumada a un impulso da oferta cultural.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18