Categorías: Actualidade

A Xunta debe deixar de buscar culpables e comezar a buscar solucións para as centrais térmicas

A portavoz de Industria do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, esixiulle hoxe á Xunta que “deixe de buscar culpables e busquen solucións” ao peche das centrais de Meirama e As Pontes anunciado por Naturgy e Endesa. Na comparecencia do conselleiro de industria no Parlamento, advertiu que as centrais “nunca estiveron na axenda política de Feijóo” salvo para “poñer o ventilador e culpar ao goberno central”.

Rodríguez Rumbo censurou que a única estratexia do goberno galego para afrontar a situación das dúas centrais sexa “publicidade e propaganda” buscando “desculpas infantís” co único obxectivo de “arrogarse os triunfos cando hai boas noticias pero culpar a pedro Sánchez cando as cousas van mal”.

Lembrou así o desinterese do goberno galego á hora de reclamarlle a Naturgy que cumprira o seu compromiso asinado en 2015 de investir 100 millóns de euros para adaptar a Central Térmica de Meirama ás necesidades medioambientais europeas. O mesmo sucede co compromiso de Endesa, que no seu Plan Estratéxico comprometíase a investir 217 millóns de euros para reducir un 80 por cento as emisións de dióxido de azufre e un 60 por cento as de óxido de nitróxeno.

Rodríguez Rumbo criticou que o goberno galego agardara xustamente ao Consello do xoves pasado para aprobar a Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050 co obxectivo de reducir a factura enerxética e concienciar na necesidade de diminuír emisións contaminantes. Sinalou que a Xunta “defende ao mesmo tempo seguir queimando hulla na Central Térmica e excluír o carbón como fonte primaria de enerxía” no último contrato de subministro aprobado por Industria.

E todo isto, dixo, 41 meses despois de aprobar o Plan Estratéxico de Galicia 2015-20 que defende rebaixar as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 35 por cento, e 18 meses despois de ter presentado as “invisibles Directrices Enerxéticas de Galicia” que teñen sen publicar a día de hoxe.

Unidade e mentiras

Rodríguez Rumbo esixiulle ao goberno galego que defenda a “unión inequívoca” fronte ao peche de Meirama que Naturgy plantexa para 2020, e o anuncio de Endesa do pasado 27 de setembro de pechar As Pontes.

No caso de As Pontes, a responsable socialista chamou ao goberno galego a situarse co Ministerio da Transición Ecolóxica, o Concello, representantes dos traballadores, transportistas e empresas auxiliares e da mesma Endesa. Reivindicou “unidade” para “explorar todas as posibilidades para darlle continuidade á produción de enerxía na actual central, procurar alternativas de futuro complementarias e o cumprimento das obrigas da empresa co tecido social da comarca.

Rodríguez Rumbo criticou que o goberno galego “minta” ao responsabilizar ao goberno central do peche da central de As Pontes que decidiu a empresa polo prezo dos dereitos de emisión de CO2, que se disparou en máis do 50 por cento neste ano. Esta situación, sinalou, lastra a rendibilidade da empresa ata o punto de que teñen manifestado que mesmo seguiría sen ser rendible aínda que o goberno eliminara o “céntimo verde”.

Sinalou que “non é de recibo que persoas que forman parte do goberno galego veñan mentir ao Parlamento” mentres, dixo, “non explican se fixeron algún tipo de xestión co ex ministro do PP e actual comisario de Enerxía da UE, Arias Cañete”.

Solo industrial

Por outra banda, a portavoz de Industria do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, denunciou hoxe que a “falla de planificación industrial” da Xunta está a provocar o “fracaso” da súa política de solo industrial e implantación de empresas. Así o dixo no debate dunha interpelación na que advertiu que o IGVS pasou de investir 16 millóns a apenas 870.000 euros en solo industrial entre 2016 e 2018en 2018 en Galicia foron creadas 509 empresas menos que en 2019.

Rodríguez Rumbo alertou do desleixo da Xunta na posta en marcha de instrumentos para o fomento de implantación e fixación de empresas en Galicia, como a posta en funcionamento da oficina Doing Bussiness, pola que a Xunta xestionaría supostamente incentivos á implantación de empresas en solo industrial.

Na realidade, dixo, traduciuse en que “a Xunta invita e os concellos pagan”, fixando incentivos e obrigando ás entidades locais a renunciar a parte dos seus ingresos a cambio de integrarse no Observatorio de Solo Empresarial que debera centralizar a información relativa á oferta de inmobles empresariais, pero que 30 meses despois de anuncialo aínda non foi constituído.

A conclusión, dixo, foi que en 2018 Galicia rexistrou 509 empresas menos, “e en 2019 todo apunta a que o resultado sexa bastante peor”, e logo de 10 anos Galicia ten perdido 19.400 postos de traballo no sector industrial, aínda lonxe do nivel de ocupación de 2009. Ademais, Galicia ten rexistrado o segundo peor Índice de Produción industrial do Estado, cunha caída do 6,2 por cento.

A responsable socialista lembroulle ao conselleiro de Economía e Industria o obxectivo incumprido do Plan Estratéxico de Galicia 15-20, que prevía duplicar o gasto en I+D+i, cando a realidade é que entre 2016 e 2018 deixaron sen executar case 94 millóns de euros dun total de 258 orzamentados na partida de Investigación e Desenvolvemento.

Solo Industrial

Rodríguez Rumbo afeoulle ao conselleiro a “drástica rebaixa” no gasto público autonómico para impulsar o solo industrial. Sinalou así que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pasou de investir 42 millóns de euros en 2016 a apenas 870.000 euros en 2018, un 98 por cento menos.

Engadiu por outra banda que Xestur, SA, a sociedade de Xestión de Solo de Galicia, rexistrou unha caída do 42 por cento na cifra de negocio pola venta de parcelas en solo empresarial entre 2017 e 2018, e advertiu unha execución de investimentos moi por debaixo do previsto. Así, advertiu que tan só executaron 9,6 millóns de euros dos 17,5 previstos, apenas o 45 por cento.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18